Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 08 de maio de 1998 Páx. 4.970

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

CÉDULA de notificación (44/1996).

En virtude da resolución do día da data dictada nos autos de xuízo executivo que se segue neste Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, co número 44/1996, por instancia da Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, representada polo procurador Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Juan Carlos Costoya Martínez e María de las Mercedes Seco Mato, con último enderezo coñecido en Lestrobe-Dodro-A Coruña, e na actualidade en ignorado paradoiro, en reclamación de 1.636.760 pesetas, dictouse a sentencia que ten a seguinte parte dispositiva:

«Que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada, ata facer remate dos bens embargados a Juan Carlos Costoya Martínez e María de las Mercedes Seco Mato e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte demandante das responsabilidades por que se despachou a execución, a cantidade de 1.636.760 pesetas, importe do principal; e ademais ó pagamento dos gastos de protesto, xuros legais e ás custas, ó pagamento das cales debo

condenar e condeno expresamente a parte demandada. Contra esta sentencia poderá interporse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación. Así, por esta miña sentencia, da que se expedirá testemuño para a súa unión ós autos, pronúncioo, madoo e asínoo. A xuíza María Dolores Vilar Hortas. Segue sinatura e publicación».

E para que así conste, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, servindo de notificación os denunciados rebeldes en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula en Padrón o quince de abril de mil novecentos novente e oito.

A secretaria

Rubricado

3507