Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Venres, 08 de maio de 1998 Páx. 4.907

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 130/1998, do 16 de abril, polo que se acorda a reversión de certos bens mobles adscritos á Compañía Radio-Televisión de Galicia.

Con data do 10 de xullo de 1997, a Compañía de Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) e a Universidade de Vigo asinaron un convenio de colaboración no desenvolvemento das actividades da

Escola Técnico Superior de Enxeñeiros de Telecomunicacións dependente da dita universidade.

Con data do 26 de febreiro de 1998, a Compañía Radio-Televisión de Galicia (CRTVG) comunicoulle á Secretaría Xeral e do Patrimonio que varios bens mobles adscritos á dita entidade deixaban de ter utilidade como consecuencia da renovación do parque de material técnico da CRTVG, e solicitou a súa reversión e posterior cesión á Universidade de Vigo.

En virtude do disposto no artigo 13 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 21 do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento da antedita lei, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do

día dezaseis de abril de mil novecentos noventa e oito,

DISPOÑO:

Artigo único.-Acórdase a reversión, a favor da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, do uso dos bens mobles que se relacionan no anexo do presente decreto, adscritos á Compañía Radio-Televisión de Galicia, ó deixar de seren necesarios para o cumprimento directo dos fins determinantes da súa adscrición, como consecuencia da renovación do parque de material técnico da CRTVG.

Santiago de Compostela, dezaseis de abril de mil novecentos noventa e oito.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

ANEXO I

MarcaEquipoModeloNº de serie

AMPEXMesturador de sonM1000/16/21367

AMPEXUnidade de conmutación de ponte de monitorado con monitor Barco CM 223593/33

AMPEXUnidade de conmutación de ponte de monitorados/n

AMPEXUnidade de conmutación de ponte de monitorados/n

AMPEXCorrector de base de temposTBC-61050299

AMPEXCorrector de base de temposTBC-61050300

AMPEXCorrector de base de temposTBC-63593686

AMPEXCorrector de base de temposTBC-63593688

AMPEXCorrector de base de temposTBC-65283415

AMPEXMagnetoscopioVPR-61250282

AMPEXMagnetoscopioVPR-63271837

AMPEXMagnetoscopioVPR-63893040

AMPEXMagnetoscopioVPR-63893044

AMPEXMagnetoscopioVPR-64171938

AMPEX/PESAMesturador de vídeo con panel de control remoto e fonte de alimentaciónVM 4216302

PESAPreselector 20 x 1 de vídeos/n

PESAPreselector 20 x 1 de vídeos/n

PESACofre de distribución de vídeoCofre de 3 unidadess/n

PESADistribuidores de pulsos (7 unidades)DP 4630s/n

PESADistribuidores de vídeoDV 4630s/n

PESAPaneis de intercomunicación de 16 destinosRIS 4016206

PESAPaneis de intercomunicación de 16 destinosRIS 4016208

PESAPaneis de intercomunicación de 16 destinosRIS 4016s/n

PESAPaneis de intercomunicación de 16 destinosRIS 4016s/n

PESAPaneis de intercomunicación de 16 destinosRIS 4016s/n

PESASistema de intercomunicación de 16 portosSIM 4016101

TEKTRONIXMonitor de forma de onda1481 RB103872

TEKTRONIXVectroscopio521 AB334602

TEKTRONIXMonitor de forma de onda528 AB027871

3816