Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de exposición pública do avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

O Concello de Cariño, en sesión plenaria ordinaria celebrada o pasado catro de abril, acordou abrir un período de información pública ó avance do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Cariño, establecéndose para o efecto un período dun mes contado a partir do seguinte ó da publicación do presente anuncio no DOG, durante o cal as entidades e particulares poderán suxeri-lo que estimen oportuno e presentar propostas e convenios urbanísticos que estimen procedentes, de conformidade co disposto no artigo 41 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Cariño, 14 de abril de 1998.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde

3523