Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de aprobación inicial de estudios de alturas medias.

O Concello de Cariño, en sesión plenaria ordinaria celebrada o pasado catro de abril deste ano, acordou aprobar inicialmente os estudios de fixación de alturas medias redactados polo técnico municipal J. Fernando Fraguela Docanto, relativos ás rúas: Regueiro Seco; Eduardo Pondal e Avda. Constitución (tramo entre Balbís e r/ Dr. Soneira), de conformidade co disposto no artigo 60 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Sométense a información pública, polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncio no DOG, nun dos xornais de máxima difusión da provincia e no taboleiro de anuncios da Casa do Concello.

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a publicación do presente anuncio no DOG. A documentación atópase á disposición do público nos servicios técnicos da Casa do Concello.

O presente anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignora-lo seu enderezo, non poidan ser notificados individualmente.

Cariño, 14 de abril de 1998.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde

3548