Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CARIÑO

ANUNCIO de aprobación definitiva de estudios de alturas medias.

O Concello de Cariño, en sesión plenaria ordinaria celebrada o pasado catro de abril, acordou aprobar definitivamente os estudios de fixación de alturas medias redactados polo técnico municipal J. Fernando Fraguela Docanto, relativos ás rúas: Dr. Carreño; rúa Profesor Horacio Fernández; rúa Curros Enríquez; parcela onde se situará o Centro de Saúde de Cariño e estrada (tramo dereito) CP-6121/Sagrón (desde o Cadro ata Concepción Arenal), de conformidade co dispsoto no artigo 60 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Cariño, 14 de abril de 1998.

Fernando Tallón Cabana

Alcalde

3522