Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE AMES

EDICTO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión con data do 23 de abril de 1998, acordou aprobar inicialmente o documento chamado estudio de detalle para ordenación de volumes e fixación de aliñacións e rasantes no cuarteirón A do polígono 2 do Milladoiro.

O que se fai público polo prazo dun mes de acordo co establecido no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Ames, 27 de abril de 1998.

O alcalde

Rubricado

3521