Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.882

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se acorda a práctica do deslindamento parcial do dominio público afecto ás obras do camiño e canle de regadío da marxe esquerda do río Ulla, na zona de Carreiras-Pontecesures (Pontevedra).

Antecedentes:

1. Auto do 3 de marzo de 1998, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Vilagarcía de Arousa, no xuízo de menor contía nº 491/1987.

2. Informe da Subdirección Xeral do Patrimonio con data do 20 de marzo de 1998.

3. Resolución do 23 de marzo de 1998, da Secretaría Xeral e do Patrimonio, pola que se acorda o inicio do expediente de deslinde parcial do dominio público da canle de regadío da marxe esquerda do río Ulla, en Pontecesures (Pontevedra).

4. Memoria comprensiva da Subdirección Xeral do Patrimonio relativa ó deslinde parcial do dominio público afecto ás obras do camiño e canle de regadío da marxe esquerda do río Ulla, na zona de Carreiras, en Pontecesures (Pontevedra) do 29 de abril de 1998.

Fundamentos de dereito:

1. Os artigos 7 e 72 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia e 7 e 170 e seguintes do Decreto 50/1989, do 9 de marzo, polo que se aproba o regulamento da dita lei, en relación co artigo 4.1º Decreto 13/1997, do 23 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Economía e Facenda (DOG nº 22, do 3 de febreiro), e artigo 2. A)1. do Decreto 351/1997, do 10 de decembro, polo que se fixa a estructura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia.

2. Os artigos 3 e 5, parágrafos 2 e 3 da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 2 e 4.1º b) da Lei 8/1993, reguladora da administración hidráulica de Galicia.

3. O artigo 2 da Lei estatal 29/1985, do 2 de agosto, de augas.

Á vista do anteriormente exposto,

RESOLVO:

1º Acorda-la práctica do deslinde parcial do dominio público afecto ás obras do camiño e canle de regadío da marxe esquerda do río Ulla, referido ó terreo titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia expropiado da parcela nº156 do expediente número II de expropiación forzosa da zona regable do río Ulla, en Carreiras, municipio de Pontecesures (Pontevedra), para cumprir co disposto no auto do 3 de marzo de 1998 dictado polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción, número un de Vilagarcía de Arousa no xuízo de menor contía nº 491/1987.

2º O obxecto deste deslinde consistirá en determinar un terreo de dominio público de 356 m, que foi expropiado, con motivo das obras da marxe esquerda da zona regable do río Ulla en Pontecesures, dun predio propiedade de Leonor Carballo Jamardo, identificado como o nº156 do expediente número II de expropiación forzosa desa zona. O resto dese predio está representado hoxe polas seguintes parcelas:

1. Predio de 630 m segundo a súa escritura de compra (595 m segundo catastro), que linda aproximadamente na actualidade: norte, cruce do camiño de Carreiras co de regadío, dominio público no medio, Agro de Abolo despois; sur, camiño de pé; leste, Leonor Carballo Jamardo, hoxe Manuel Míguez Oliveira, e oeste, Enrique Miguens España e Manuela Magariños Rey, hoxe Juan José Llerena Orgaz. Pertence a Angélica Couso López.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis no tomo 541, libro 8, folio 89, predio nº 1.349.

2. Predio de 1.260 m segundo escritura pública (863 m segundo catastro), que linda aproximadamente hoxe: norte, camiño do Regadío, dominio público no medio, Agro de Abolo despois; sur, camiño de pé; leste, herdeiros de Victoriano Troáns Lasheiras, hoxe José Troáns Chenlo, e oeste, Leonor Carballo Jamardo, hoxe Angélica Couso López. Pertencen a Manuel Míguez Oliveira.

Inscrito no Rexistro da Propiedade de Caldas de Reis no tomo 533, libro 7, folio 204, predio nº 1.29.

3º A práctica do deslinde dará comezo ás 10 horas do día 10 de xullo de 1998, no lugar de Carreiras, cruzamento do camiño de Carreiras co camiño do regadío. Os interesados, pola súa conta, poderán nomear un técnico para que asista ó acto.

4º Os interesados poderán presentar tódalas alegacións e documentos que consideren conducentes á proba e defensa dos seus dereitos ata vinte días antes do comezo da práctica do deslinde. Transcorrido este prazo, non se admitirá ningún documento nin alegación. No mesmo acto da práctica do deslinde os interesados poderán face-las manifestacións ou observacións que consideren oportunas, pero sen que caiba a achega de documentos.

5º De acordo co disposto no artigo 73 da Lei 3/1985, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, mentres estea en trámite o procedemento administrativo de deslinde, non poderá instarse procedemento xudicial con igual pretensión, nin se admitirán interdictos sobre o estado posesorio dos predios da Comunidade Autónoma obxecto daquel.

6º Que se proceda ós anuncios, notificacións, comunicacións e advertencias que legal e regulamentariamente procedan en relación coa práctica deste deslinde.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1998.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da

Consellería de Economía e Facenda

3989