Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.881

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1998 pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e forma de adxudicacion de concurso público, con tramitación urxente, do contrato de obra relativo á dotación de herba sintética ó campo de fútbol do complexo deportivo de Samil, no concello de Vigo (Pontevedra).

A Secretaría Xeral para o Deporte, ultimados os trámites administrativos pertinentes, resolveu anuncia-lo procedemento de adxudicación do contrato ó que refire a presente resolución e que posúe as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

A Xunta de Galicia por medio da súa Secretaría Xeral para o Deporte.

2. Obxecto do contrato.

Dotación de herba sintética ó campo de fútbol do complexo deportivo de Samil, no concello de Vigo (Pontevedra).

a) Prazo de execución: catro (4) meses.

b) O orzamento de execución por contrata ascende a corenta e seis millóns seiscentas cincuenta e seis mil dezaoito pesetas (46.656.018 ptas.).

c) Requisitos específicos do contratista.

Clasificación empresarial: grupo C, subgrupo todos, categoría d.

3. Garantía provisional.

Prestarase en calquera das formas admisibles, por importe do 2% do orzamento de licitación.

Os licitadores que acrediten a clasificación empresarial requirida quedan eximidos de presta-la garantía provisional (Art. 36.2º da Lei de contratos das administracións públicas).

4. Obtención de documentación e información.

No Servicio de Contratación e Xestión Económica da Secretaría Xeral para o Deporte. (Estadio Multiusos de San Lázaro, s/n. Santiago de Compostela. Teléfono: (981) 54 26 26. Fax: (981) 54 26 39.

Fotocopias dos proxectos técnicos e do prego de cláusulas administrativas poderá ser solicitado directamente en Xeneral Pardiñas, nº 2 de Santiago de Compostela. Teléfono (981) 59 03 02.

5. Presentación de ofertas.

a) Data límite: ás 14 horas do décimo terceiro (13) día natural posterior á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a requirida polo prego de cláusulas administrativas particulares.

Os contratistas que se atopen inscritos no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma e así o fagan constar na carauta do sobre A (documentación administrativa) quedarán exonerados de presenta-la documentación a que se refire o artigo 5 da Orde do 23 de outubro de 1995 (DOG do 10 de novembro), modificada pola Orde do 9 de decembro de 1996 (DOG do 23).

c) Lugar de presentación: o rexistro de documentos da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos. San Lázaro. 15890. Santiago de Compostela. Fax: (981) 54 26 39, ou no xeral da Xunta de Galicia (edificios administrativos San Caetano. Santiago de Compostela), ou de acordo cos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

d) Admisión de variantes: non admisibles.

6. Apertura de ofertas.

Levarase a cabo ás 9.30 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, que non sexa sábado, na sala de xuntas da Secretaría Xeral para o Deporte (Estadio Multiusos, San Lázaro, 15890 Santiago de Compostela).

7. Gastos de anuncios.

Será por conta do adxudicatario o custo da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e, se é o caso, da inserción do seu extracto nos medios de comunicación escrita.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1998.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

4037