Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.880

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (91/1998).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela tramítase co número 91/1998, por instancia de María del Carmen Lens Nieto, representada polo procurador Caamaño Frade, un expediente de dominio para a prosecución do tracto sucesivo no Rexistro da Propiedade de Padrón, do seguinte ben inmoble: predio número 487 da zona de concentración parcelaria de Santa María de Luou, concello de Teo. Rústica, terreo para prado e labradío no sito de Salgueiro. Linda: norte, Iryda (masa común); sur, camiño; leste, María Montes Rodríguez (488) e oeste, Antonio Parajó e outra (486). Extensión de sesenta e sete áreas e oitenta centiáreas.

Por medio do presente edicto cítase a Antonio Parajó Cabo e José Cabo Rodríguez, ausentes en Montevideo e de quen se descoñece o domicilio e a María Montes Rodríguez, en ignorado paradoiro, así como as persoas ignoradas ós que puidese prexudica-la inscrición que se solicitou, co fin de que dentro do termo de dez días poidan comparecer no expediente e aleguen o que lles conveña ó seu dereito.

Santiago de Compostela o dous de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado

4035