Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.855

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

CORRECCIÓN de erros.- Orde do 9 de marzo de 1998 pola que se modifica a do 1 de abril de 1997, pola que se estableceu unha prima pola comercialización anticipada de xatos.

Advertido erro no texto da Orde do 9 de marzo de 1998, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 57, mércores, do 25 de marzo de 1998, cómpre face-la seguinte corrección:

No artigo 2º, na redacción do novo parágrafo do apartado 1º do artigo 5 da orde da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, do 1 de abril de 1997, onde di: «50 ecu por animal sacrificado a partir do 1 de decembro de 1997», debe dicir: «45 ecus por animal sacrificado a partir do 1 de decembro de 1997».

2615