Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.855

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, depósito e publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector de carpintería, ebanistería e actividades afíns.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector carpintería, ebanistería e actividades afíns, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 16-3-1998, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de la Madera (Asema) e a Asociación de Fabricantes e Comerciantes del Mueble de A Estrada, e da parte social polas centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG con data 28-1-1998. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 18 de marzo de 1998.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo (Pontevedra)

Convenio colectivo de carpintería, ebanistería e actividades afíns da provincia de Pontevedra

Capítulo I

Aspectos formais

Artigo 1º.-Comisión negociadora.

1. Forman a comisión negociadora do presente convenio, en representación empresarial: a Asociación de Fabricantes e Comerciantes do Moble da Estrada (AFCM) e a Asociación Provincial de Empresarios da Madeira (Asema), e, representando os traballadores, as centrais sindicais: Confederación Intersindical Galega (CIG), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Comisións Obreiras (CC.OO.).

2. Ámbalas partes recoñécense mutuamente lexitimación para negocia-lo presente convenio.

Artigo 2º.-Ámbito territorial, funcional e persoal.

1. Territorial. Afectará a tódalas empresas da provincia de Pontevedra.

2. Funcional. As actividades ás que se dediquen serán as recollidas nos grupos e os seus respectivos epígrafes do imposto de actividades económicas que se relacionan a continuación:

-462: fabricación de productos semielaborados de madeira (chapas, taboleiros, madeiras melloradas, etc.).

-463: fabricación en serie de pezas de carpintería, parqué e estructuras de madeira para a construcción.

-464: fabricación en envases e embalaxes de madeira.

-465: fabricación de obxectos diversos de madeira (excepto mobles).

-466: fabricación de productos de cortiza.

-467: fabricación de artigos de xunco e cana, cestería, brochas, cepillos, etc. (excepto mobles).

-468: industria do moble de madeira.

-505: acabado de obras.

-E calquera outra actividade afín xa creada ou que se poida crear no futuro, así como aquelas que se dediquen á fabricación e/ou instalación ou colocación de productos ou materiais de madeira.

3. Persoal. Afectará á totalidade do persoal que preste servicios nas empresas afectadas.

Artigo 3º.-Ámbito temporal e denuncia.

1. Terá a duración de tres anos, contados a partir do 1 de xaneiro de 1998 ata o 31 de decembro do 2000. A súa vixencia será a da totalidade da súa duración. Os artigos que se relacionan a continuación e o anexo I, estarán vixentes ata o 31-12-1999. Artigo 23: salarios, artigo 24: revisión

salarial, artigo 29: dietas, e artigo 30: desgaste de ferramentas. O artigo 17: días festivos, estará vixente ata o 31-12-1998.

2. Para dar cumprimento ó previsto no Estatuto dos traballadores, as partes asinantes fan constar expresamente que o presente convenio non precisa denuncia para a súa total extinción o 31-12-2000.

3. Co fin de evitar baleiro, denunciado o convenio e ata que non se logre acordo expreso, perderán vixencia as súas cláusulas obrigacionais, manténdose as normativas ata o asinamento do convenio que o substitúa.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras contidas no presente convenio establécense con carácter de mínimas.

Os pactos ou situacións existentes en calquera empresa, que no seu conxunto impliquen condicións máis beneficiosas respecto das convidas serán respectadas.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

1. Créase unha comisión paritaria composta por un máximo de 6 membros, designados 3 por cada unha das partes, empresarial e sindical, na forma que decidan as respectivas organizacións e coas funcións que se especifican no artigo seguinte.

2. Os acordos da comisión paritaria adoptaranse en todo caso por unanimidade e, aqueles que intepreten este convenio terán a mesma eficacia cá norma que fose interpretada.

3. A comisión paritaria reunirase unha vez ó ano. Poderanse convocar as reunións extraordinarias que se consideren necesarias, que serán solicitadas pola metade máis un dos seus membros.

Artigo 6º.-Funcións e procedementos da comisión paritaria.

1. A comisión paritaria á que se refire o artigo anterior terá as seguintes funcións:

a) Vixilancia e seguimento do cumprimento deste convenio.

b) Interpretación da totalidade dos preceptos do presente convenio.

c) A instancia dalgunha das partes mediar e/ou intentar conciliar, se é o caso, e logo de acordo das partes e a solicitude delas, arbitrar en cantas cuestións e conflictos, todos eles de carácter colectivo, poidan suscitarse na aplicación do presente convenio.

d) Cantas outras funcións tendan á maior eficacia do presente convenio, ou se deriven do estipulado no seu texto e anexos que formen parte del.

2. Como trámite, que será previo o preceptivo, a toda actuación administrativa ou xurisdiccional que se promova, as partes asinantes do presente convenio obríganse a por en coñecemento da comisión paritaria cantas dúbidas, discrepancias e conflictos colectivos, de carácter xeral, puidesen suscitarse en relación á interpretación e aplicación del, sempre

que sexan da súa competencia conforme o establecido no apartado 1, co fin de que, mediante a súa intervención, se resolva o problema suscitado ou, se iso non fose posible, emita un dictame ó respecto. O dito trámite previo entenderase cumprido no caso de que transcorrese o prazo previsto no apartado 5 sen que se emitise resolución ou dictame.

3. Establécese que cuestións propias da competencia da comisión paritaria e que se promovan ante ela adoptarán a forma escrita, e o seu contido será o suficiente para que se poida examinar e analiza-lo o problema co necesario coñecemento de causa, debendo ter como contido obrigatorio:

a) Exposición sucinta e concreta do asunto.

b) Razóns e fundamentos que entenda que asistan o propoñente.

c) Proposta e petición concreta que se lle formule á comisión.

Ó escrito-proposta xuntaránselleacompañaránselle cantos documentos se consideren necesarios para a mellor comprensión e resolución do problema.

4. A comisión poderá solicitar, por vía de ampliación, canta información ou documentación se considere pertinente para completa-la información sobre o asunto; para estes efectos concederáselle ó propoñente un prazo que non poderá exceder de 5 días hábiles.

5. A comisión, unha vez recibido o escrito-proposta e, se é o caso, completada a información pertinente, disporá dun prazo non superior a 20 días hábiles para resolve-la cuestión formulada ou, se iso non fose posible emiti-lo oportuno dictame. Transcorrido o dito prazo sen terse producido resolución nin dictame, quedará aberta a vía administrativa ou xurisdiccional competente.

Capítulo II

Contratación

Artigo 7º.-Contratación.

1. O contrato de traballo poderase celebrar nas diferentes formas establecidas pola normativa laboral en cada momento, formalizándose por escrito nos supostos que o recolla a lexislación e conforme a ela, entregándolle copia deste contrato ó interesado.

2. Realizarase por escrito as prórrogas que se formalicen, así como o aviso previo de remate do contrato.

O contrato de traballo deberá formalizarse antes do comezo da prestación de servicios.

3. A empresa, previamente ó seu ingreso, poderalles realiza ós interesados as probas de selección, prácticas e psicotécnicas, que considere necesarias para comprobar se o seu grao de aptitude e a súa preparación son as axustadas á categoría profesional e posto de traballo que vaia desenvolver.

4. O empresario entregaralles, nun prazo non superior a dez días desde a formalización do contrato, ós representantes legais dos traballadores unha copia básica de tódolos contratos que se realicen.

5. As empresas quedan obrigadas a publicar, no seu taboleiro de anuncios, o modelo TC-2 correspondente o último mes no que se fixese efectiva a liquidación.

Artigo 8º.-Período de proba.

1. Ós traballadores que se incorporen á empresa poderáselles concertar, por escrito, un período de proba que en ningún caso poderá exceder de:

-Técnicos titulados: 6 meses.

-Xefes e encargados: 3 meses.

-Técnicos de grao medio ou sen titulación e persoal administrativo cualificado: 2 meses.

-Oficiais e auxiliares administrativos: 30 días laborables.

-Resto de persoal: 15 días laborables.

2. Durante o período de proba, o traballador terá os dereitos e obrigas correspondentes á súa categoría profesional e posto de traballo que desempeñe, como se fose de plantel, excepto os derivados da resolución da relación laboral, que poderá producirse por instancia de calquera das partes durante o seu transcurso, sen necesidade de previo aviso e sen que ningunha das partes teña dereito a indemnización ningunha, debéndose comunica-lo desestimento por escrito.

3. Transcorrido o período de proba sen que se producise o desestimento, o contrato producirá plenos efectos, computándose o tempo dos servicios prestados para efectos de antigüidade.

4. A situación de incapacidade temporal que afecte ó traballador durante o período de proba interrompe o cómputo deste.

Artigo 9º.-Contrato para obra ou servicio determinado.

1. É o contrato celebrado ó abeiro do artigo 15.1º.a) do Estatuto dos traballadores, segundo a redacción dada pola Lei 63/1997, do 30 de decembro, e que ten por obxecto a realización dunha obra ou servicio determinado, cunha execución, aínda que limitada no tempo en principio de duración incerta.

2. O contrato axustarase ós seguintes supostos:

a) Con carácter xeral, o contrato é para unha soa obra, con independencia da súa duración. Rematará cando finalicen os traballos, de oficio e categoría, do traballador na dita obra.

b) Non obstante o apartado anterior, logo de acordo entre as partes, o persoal contratado para unha obra ou servicio determinado poderá prestar servicios a unha mesma empresa e en distintos centros de traballo dunha mesma provincia ou lindeira, sen perder dita condición, e percibindo os conceptos compensatorios que lle correspondan polos seus desprazamentos.

3. Os traballadores que formalicen un contrato para unha obra ou servicio determinado, terán dereito, unha vez rematado por expiración do tempo convido,

a percibir unha indemnización. A dita indemnización consistirá nunha porcentaxe sobre os conceptos salariais percibidos durante a vixencia do contrato, de acordo coa seguinte escala:

-Ata 12 meses de duración: o 4%.

-De 12 a 24 meses de duración: o 3,5%.

-Máis de 24 meses de duración: o 3%.

Artigo 10º.-Contrato eventual por circunstancias da producción.

1. É o contrato celebrado ó amparo do artigo 15.1º.b) do Estatuto dos traballadores, segundo redacción data pola Lei 63/1997, do 30 de decembro, e que se concerta cando as circunatancias do mercado, acumulación de tarefas ou exceso de pedidos así o esixiran, aínda que tratándose da actividade normal da empresa.

2. Este tipo de contrato estará suxeito ás seguintes consideracións:

a) Nel consideraranse con precisión e claridade a causa ou circunstancia que o xustifique.

b) A súa duración máxima será de 12 meses dentro dun período de 15 meses. No caso de que se concerte por un prazo inferior ó límite máximo, poderá ser prorrogado, por unha soa vez, sen que a duración total do contrato poida exceder do máximo establecido.

3. Os traballadores que formalicen un contrato eventual por circunstancias da poroducción, terán dereito, unha vez rematado por expiración do tempo convido, a percibir unha indemnización. A dita indemnización consistirá nunha porcentaxe sobre os conceptos salariais percibidos durante a vixencia do contrato, de acordo coa seguinte escala:

-Ata 6 meses de duración: o 6%.

-De 6 a 9 meses de duración: o 4%.

-Máis de 9 meses de duración: o 3,5%.

Artigo 11º.-Contrato para a formación.

1. É o contrato celebrado ó amparo do artigo 11.2º do Estatuto dos traballadores, segundo redacción dada pola Lei 63/1997, do 30 de decembro, e que ten por obxecto a adquisición da formación teórica e práctica necesaria para o adecuado desempeño dun oficio no sector.

2. Poderase celebrar con traballadores maiores de 16 anos e menores de 21 que carezan da titulación requirida para realizar un contrato en prácticas.

3. En ningún caso, a duración mínima poderá ser inferior a seis meses nin a máxima superior a tres anos as partes poderán acordar dúas prórrogas, non podendo se-la duración de cada unha delas inferior a 6 meses nin supera-la duración máxima do contrato.

4. A retribución do traballador contratado para a formación será:

a) Durante o primeiro ano, o salario mínimo interporfesional (SMI) vixente.

b) Durante o segundo ano, ó SMI incrementado nun 10%.

c) Durante o terceiro ano, ó SMI incrementado nun 20%.

Nos tres casos, as retribucións enténdense referidas a unha xornada do 100% do traballo efectivo.

5. O número de contratos para a formación que poden realiza-las empresas non poderá supera-los sinalados na seguinte escala:

Ata 5 traballadores: 1.

De 6 a 10 traballadores: 2.

De 11 a 17 traballadores: 3.

De 18 a 25 traballadores: 4.

De 26 a 33 traballadores: 5.

De 34 a 40 traballadores: 6.

De 41 a 50 traballadores: 7.

De 51 a 75 traballadores: 8.

De 76 a 100 traballadores: 9.

De 101 a 250 traballadores: 10 ou o 8% do cadro de persoal.

De 251 a 500 traballadores: 20 ou o 6% do cadro de persoal.

Máis de 500 traballadores: 30 ou o 4% do cadro de persoal.

6. A formación teórica atenderá ás seguintes consideracións:

a) O tempo dedicado a ela deberase alternar co traballo efectivo e será un 15% da xornada máxima do convenio: 6 horas semanais.

b) Deberá ser impartida en centros de formación públicos ou privados perfectamente acreditados e homologados.

c) Cando non sexa posible a formación presencial, por esta-lo centro de formación a máis dunha hora de viaxe ou a máis de 50 quilómetros, poderase impartir mediante a modalidade de ensino a distancia.

d) Será financiada con cargo ó acordo tripartito de formación continua.

e) No caso de que algunha empresa incumpra as súas obrigas en amteria de formación teórica deberá aboarlle ó traballador o cento por cento do salario.

7. O traballador que, unha vez rematado o contrato para a formación, non continuase prestando servicios na empresa, será indemnizado cun 4,5% de tódalas retribucións percibidas durante a relación laboral.

Artigo 12º.-Contratación de substitucións por anticipación da idade de xubilación.

1. Por acordo entre a empresa e traballador, este poderá xubilarse á idade de 64 anos e a empresa terá a obriga de contratar a un traballador que o substitúa co obxecto de que o primeiro se poida

acoller ós beneficios establecidos no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, ou a norma que puidera substituíla.

2. As partes asinantes pactan no presente convenio que, de calquera modo, a idade máxima para traballar será de 65 anos, sen prexuízo de que se poidan completa-los períodos de carencia para a xubilación.

Artigo 13º.-Cesamentos.

1. O fin de contrato deberá selle comunicada, por escrito, ó traballador cunha antelación mínima de quince días naturais. Sen embargo, poderase substituír este aviso por unha indemnización equivalente á cantidade correspondente ós días de aviso omitiods, calculada sobre os conceptos salariais das táboas do convenio.

Toda comunicación de aviso de cesamento deberá ir acompañada dunha proposta de liquidación.

O traballador poderá se asistido por un representante dos traballadores no acto de asinametno do recibo de liquidación.

2. O cesamento voluntario por parte do traballador deberá serlle comunicado á empresa, por escrito, e cunha antelación mínima de quince dáis naturais. O incumprimento desta obriga poderase sancionar, pola empresa, descontando un día de salario por cada día de falta de aviso.

Artigo 14º.-Promoción profesional.

Os ascensos suxeitaranse ó réxime seguinte:

1. O ascenso dos traballadores a tarefas ou postos de traballo que impliquen mando ou especiqal confianza serán de libre designación e revocación pola empresa.

2. Para ascender a unha categoría profesional superior, establecerase pola empresa un sistema de carácter obxectivo de avaliación de aptitudes, podendo tomar como referencia, entre outras, as seguintes circunstancias:

a) Titulación axeitada.

b) Coñecemento do posto de traballo.

c) Historial profesional.

d) Ter desempeñado funcións de superior categoría profesional, sen que iso sexa imprescindible.

e) Superar satisfactoriamente as probas que se propoñan, que serán as axeitadas ó posto de traballo que se vaia desempeñar e idénticas para tódolos aspirantes.

3. O traballador que durante 4 anos teña a categoría de peón poderá ascender á categoría de axudante.

4. Se a empresa acredita a realización por parte do traballador das tarefas que son propias do peón, ou ben aquel non manifeste aptitudes suficientes para desempeñar os traballos da categoría superior, non se producirán os ascensos regulados no punto 3.

5. Os traballadores que subscriban un contrato para a formación, segundo o establecido no artigo 11º do presente convenio, e se ó seu termo, unha vez esgotado o período de máxima duración, continuasen prestando os servicios na empresa, farano coa categoría de axudante.

Artigo 15º.-Empresas de traballo temporal.

As empresas afectadas por este convenio cando contraten os servicios de empresas de traballo temporal garantirán que os traballadores postos á súa disposición teñan os memsos dereitos laborais e retributivos que lles correspondan ós seus traballadores en aplicación deste convenio colectivo.

Esta obriga constará expresamente no contrato de posta á disposición celebrado entre a empresa de traballo temporal e a empresa usuaria que estea vencellada polo presente convenio.

Capítulo III

Tempo de traballo

Artigo 16º.-Xornada de traballo.

1. A xornada laboral establécese en mil setecentas oitenta e catro (1.784) horas de traballo efectivo en cómputo anual para os anos 1998 e 1999; mentres que para o ano 2000 se fixa en mil setecentas oitenta (1.780) horas.

2. Nas empresas poderase pacta-la distribución variable da xornada máxima anual. En ningún caso se poderán realizar máis de nove horas ordinarias ó día.

3. No suposto de xornada continuada establecerase un período de descanso de quince minutos que terá a consideración de traballo efectivo.

Artigo 17º.-Días festivos.

1. Para efectos de distribución e axeitación da xornada anual, con vixencia para 1998, consideraranse como non laborables e retribuídos os días 20 de marzo, 24 de xullo, 24 e 31 de decembro.

2. Nos concellos onde a festividade local coincida cun día laborable ou festivo de convenio, trasladarase ó día inmediatamente seguinte. Para 1998, nos concellos que se relacionan tamén serán festivos de convenio, os seguintes:

Vigo: 30 de marzo. Pontevedra: 13 de xullo. Cambados: 13 e 20 de xullo. Fornelos de Montes: 15 de xuño. Cerdedo: 27 de xullo.

3. Os días de descanso retribuído establecidos no apartado 1 poderán ser modificados por acordo entre a empresa e os traballadores, ou os seus representantes legais, para axustalos ás necesidades das partes.

Artigo 17º.-Horas extraordinarias.

1. Son horas extraordinarias de forza maior aquelas cunha realización que estea motivada por un acontecemento extraordinario orixinado por causas alleas á propia actividade empresarial: incendio, innundación, explosión, derrubamentos, etc.

2. Son horas extraordinarias estructurais as necesarias para atender pedidos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade, sempre que non poidan ser substituídas pola utilización de modalidades de contratación previstas na lei.

3. As horas extraordinarias, en todo caso, pola súa natureza, serán voluntarias, excepto as que teñan a súa causa na forma maior.

4. O número de horas extraordinarias que realice cada traballador, salvo nos supostos de forza maior, non excederá de oitenta ó ano.

Artigo 19º.-Vacacións.

1. O persoal afectado polo presente convenio terá dereito ó desfrute dun período de vacacións anuais retribuídas de trinta días naturais de duración, dos que vintedous, como mínimo, serán laborables.

O seu desfrute iniciarase en calquera caso en día laborable; e como norma xeral e salvo pacto en contrario, o desfrute das vacacións terá carácter ininterrompido.

2. As empresas concederán preferentemente as vacacións entre os meses de xuño e setembro, ambos inclusive, salvo pacto individual en contrario; así mesmo, poderanse excluír por motivos de organización, determinados períodos para o seu desfrute.

3. Os traballadores coñecerán, con dous meses de antelación ó seu desfrute, o período vacacional.

O calendario de vacacións, unha vez aprobado, quedará exposto no taboleiro de anuncios da empresa.

4. O dereito a vacacións non é susceptible de compensación económica. Non obstante, o persoal que cause cesamento durante o transcurso do ano, terá dereito ó aboamenteo do salario correspondente á parte de vacacións devengadas e non desfrutadas, como concepto integrante da liquidación pola súa baixa na empresa, aínda que as vacacións en parte correspondan ó ano natural anterior.

5. Para efecto de devengo de vacacións, considerarase como tempo efectivamente traballado o correspondente á situación de incapacidade temporal (IT), sexa cal fose a súa causa. Non obstante, dado que o dereito ó desfrute de vacacións caduca co transcurso do ano natural, perderase se ó vencemento deste o traballo continuase de baixa.

6. Se no momento no que a un traballador lle corresponde, por estar así establecido, o inicio do período vacacional e se atopase en situación de IT por calquera motivo, poderá apraza-lo seu desfrute de común acordo coa empresa.

7. No caso de que o traballador caese en situación de IT mentres estivese a desfrutar das vacacións, a duración desta computarase como días de vacacións sen prexuízo do dereito do traballador a percibi-la diferencia entre a retribución correspondente ás vacacións e a prestación de IT.

Artigo 20º.-Licencias.

1. As empresas concederanlles ós traballadores que o soliciten, logo de xustificación, se é o caso, as licencias sinaladas seguidamente, sen perda de retribución:

1. Matrimonio do traballador: quince días.

2. Por:

a) Nacemento de fillos, enfermidade grave de cónxuxe ou fillo: catro días.

b) Enfermidade grave de pais ou irmáns: dous días.

Entenderase que existe enfermidade grave, exclusivamente, nos supostos nos que se produza hospitalización ou intervención cirúrxica.

O tempo de licencia deste apartado poderá ser ampliado, sen dereito a remuneración, logo de certificado médico esixible pola empresa, cando a enfermidade supere os prazos establecidos.

3. Por:

a) Morte do cónxuxe ou fillos: catro días.

b) Morte de pais ou irmáns: dous días.

4. Cambio de domicilio: un día.

5. Matrimonio dun fillo: o día laborable.

6. Consulta ó:

a) Médico especialista: polo tempo necesario, cun máximo de cinco horas ó día.

b) Médico de cabeceira: ata un máximo de catro saídas anuais, sen que as ausencias poidan supera-las 18 horas ó ano.

7. Traballadoras por lactación dun fillo, ata nove meses despois do parto, terán dereito a unha hora de ausencia ó traballo, que se poderá dividir en dúas fraccións de media hora.

Poderase substituír este dereito por reducción da xornada nunha hora, que terá que ser sempre ó comezo ou ó final da xornada laboral. Cando os dous pais traballen, soamente un poderá exercer tal dereito.

8. Os parentes sinalados nos apartados 2 e 3 serán por afinidade ou consanguinidade.

9. No caso de que fose necesario un desprazamento fóra da provincia de residencia do traballador, as licencias a que se refiren os apartados 2 e 3 deste artigo ampliaranse en dous días.

10. As licencias a que se refiren os apartados 2.a) e 3.a) do presente artigo, entenderanse así mesmo, con iguais efectos, naqueles casos nos que non existindo unión matrimonial, se manteña una relación análoga de afectividade, sempre e cando exista una efectiva convivencia da parella.

11. Os traballadores terán dereito, así mesmo, a dispor de dous días ó ano, non retribuídos, calquera que sexa a causa alegada na súa petición. O permiso deberá ser solicitado, por escrito, á empresa cunha antelación mínima de cinco días.

12. Os días ós que se refire este artigo entenderanse, en tódolos casos, como días naturais.

Artigo 21º.-Excedencia.

1. A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa:

a) Voluntaria. O traballador con, menos, unha antigüidade dun ano na empresa, terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria, por un prazo non menor de dous anos e non maior de cinco. O traballador soamente poderá exercer de novo este dereito se transcorren catro anos desde o final da anterior excedencia.

b) Forzosa. O traballador poderá situarse en situación de excedencia forzosa nos seguintes casos:

-Cando fose elixido para un cargo público que imposibilite a súa asistencia ó traballo.

-Cando exerza un cargo ou funcións sindicais de ámbito provincial ou anterior. Neste caso a solicitude irá acompañada dunha certificación da central sindical á que pertenza, na que conste o cargo ou funcional sindical para a que foi elixido.

2. Na excedencia voluntaria conservarse un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa, que houbese ou se produzan na empresa. Na excedencia forzosa o reingreso será automático na empresa ó rematar aquela, e terase dereito a ocupar unha praza da mesma categoría que tiña antes da excedencia, así como ó cómputo da antigüidade durante a súa vixencia.

3. No caso de excedencia voluntaria o reingreso solicitarase un mes antes do remate do prazo que lle foi concedido. Na excedencia forzosa o reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo para o que foi elixido.

En ámbolos dous supostos, de non facerse a solicitude, en tempo e forma, dará lugar á perda de tódolos dereitos.

As contestacións ás solicitudes serán feitas pola empresa, no prazo de quince días, entendéndose concedidas de non mediar resposta no prazo sinalado.

Artigo 22º.-Traballos penosos, tóxicos ou perigosos.

1. O persoal que realice traballo penoso, tóxicos ou perigosos, recibirá por parte da empresa os medios de protección axeitados que elimen o seu carácter de penosidade, toxicidade ou perigosidade.

2. Entenderase por actividade continuada penosa, tóxica ou perigosa aqueles postos de traballo que estean en contacto con: colorantes mineiras, pinturas, vernices; ou cando se produzan gases, vapores ou outros axentes tóxicos nos que se manipulen substancias facilmente inflamables, así como tamén aqueles nos que se produza unha atmosfera de po de madeira en suspensión.

3. A empresa facilitaralles a aqueles traballadores que especificamente o necesiten pola súa actividade: botas de protección, mascariñas, luvas, gafas, cascos, etc.

A periodicidade no recambio de cada unha das pezas de roupa de seguridade será, en cada caso, de acordo co tempo lóxico de duración ou ben polo seu estado de deterioración.

Artigo 23º.-Traballo nocturno.

Terá a consideración de traballo nocturno o que se realice entre as vintedúas horas da noite e as seis da mañá.

A xornada para o traballo nocturno terá unha duración de sete horas.

Por cada tres semanas na quenda de noite, corresponderán dous días de descanso adicional.

Capítulo IV

Retribucións

Artigo 24º.-Salarios.

1. Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá as retribucións consignadas na táboa anexa, incrementadas, se é o caso, coa antigüidade correspondente.

Os aumentos concedidos polo presente convenio absorberán os que, por imperativo legal, se imputasen posteriormente durante a súa vixencia.

Os conceptos económicos terán eficacia ós oito días do asinamento do convenio.

2. Incremento para 1998. Aplicarase un 3% sobre a táboa salarial vixente ó 31-12-1997.

3. Incremento para 1999. Aplicarase un incremento igual á previsión de inflación máis o 1% sobre o salario vixente ó 31-12-1998, restándolle a compensación por antigüidade.

Artigo 25º.-Revisión salarial.

1. No caso de que o IPC rexistrase o 31 de decembro de 1998 e 1999, respectivamente, un incremento respecto ó 1 de xaneiro ó incremento pactado; efectuarase unha revisión salarial no exceso sobre a dita porcentaxe. A revisión levarase a cabo unha vez que se constate oficialmente, e pagarase con efectos do 1 de xaneiro.

2. Se, tendo en conta o establecido no apartado anterior, operase unha revisión salarial, a comisión paritaria deberá reunirse necesariamente dentros dos 15 días seguintes á data en que se coñezan os datos oficiais, co obxecto de cuantifica-lo dito exceso e proceder á elaboración da nova táboa salarial. A dita táboa revisada servirá de base de cálculo para o incremento do ano seguinte.

Artigo 26º.-Pagamento de nóminas.

O pagamento da nómina realizarase de forma mensual. Non obstante, o persoal poderá solicitar, coa debida antelación, anticipos a conta de haberes devengados.

Para todo o persoal consideraranse as mensualidades de 30 días.

Artigo 27º.-Antigüidade consolidada.

1. Os traballadores manterán consolidadas as cantidades que, polo concepto de antigüidade, desfrutaban o día 1 de xaneiro de 1998. Ó importe anterior engadiránselle a parte proporcional da antigüidade devengada e non percibida nesta data. Para estes efectos calcularase por defecto ou por exceso, os anos de permanencia de traballador na empresa; é dicir, computarase ano completo cando a fracción sexa igual ou superior a 0,5.

2. No anexo II, figuran as antigüidades xa consolidadas para cada categoría con efecto do 1 de xaneiro de 1998. Este anexo só será de aplicación a aqueles traballadores que, na data sinalada tivesen polo menos 5 anos de antigüidade na empresa.

3. Os importes do anexo II manteranse invariables e por tempo indefinido como un complemento retribuído ad personam; é dicir, non sufrirán modificacións en ningún sentido e por ningunha causa. O dito complemento retributivo reflictirase nos recibos de salarios coa denominación de antigüidade consolidada.

4. Para compensa-la desapraición do complemento da antigüidade nos termos anteriores aplicarase durante os anos 1998, 1999, 2000, 2001 e 2002, con efectos do 1 de xaneiro, un incremento lineal de 21.000 pesetas por ano e para tódolos niveis profesionais, agás aprendices, das táboas de salarios. O citado incremento lineal adicionarase ó salario base de cada unha das categorías, agás a de aprendiz, do convenio, unha vez se lle aplique o incremento pactado para cada ano.

Artigo 28º.-Gratificacións extraordinarias.

1. Establécense dúas gratificacións extraordinarias coa denominación de paga extra de verán e paga extra de Nadal, que se devengarán por semestres naturais. Serán aboadas os días 15 de xullo e 15 de decembro, respectivamente.

2. A contía de cada unha consistirá en 30 días de salario máis antigüidade consolidada, se é o caso.

3. Con efectos exclusivos para o primeiro ano de vixencia do convenio, as cantidades devengadas e non percibidas da paga extra de marzo, desaparecida e rateada nas restantes 14 pagas a partir de 1998, ou a proporción do tempo traballado entre o 1 de marzo de 1997 e o 31 de decmebro de 1997, serán aboadas na nómina de marzo de 1998, de acordo coa seguinte fórmula:

(Sb+AC)xTt

12

Sb: salario base; Ac: antigüidade consolidada; Tt: tempo traballado.

Artigo 29º.-Retribución das horas extraordinarias.

1. A retribución das horas extraordinarias determinarase seguindo os seguintes criterios:

a) As realizadas en día laborable sufrirán un incremento do 75 por cento sobre o valor da hora extraordinaria.

b) As realizadas en día non laborable sufrirán un incremento do 150 por cento sobre o valor da hora ordinaria.

O valor da hora ordinaria (VHO) calcularase de acordo coa seguinte fórmula:

(SB + A) x 14 + (CS x 12)

VHO =

Xornada laboral máxima ordinaria

SB = salario base.

A = antigüidade.

CS = complementos salariais.

2. Poderase optar entre aboa-las horas extraordinarias, conforme o previsto no apartado 1 deste artigo ou compensadas con tempo de descanso retribuído. Se se exerce esta última opción, por cada hora extraordinaria realizada nun día laboral haberá que compensar ó traballador con 1 hora e 45 minutos de descanso retribuído; se a hora extraordinaria se realiza en día non laborable, a compensación regulamentaria será de 2 horas e 30 minutos.

3. No caso de que o traballador teña horas de descanso acumuladas, o seu desfrute será sempre pactado entre o empresario e o traballador.

Artigo 30º.-Axudas de custo.

1. Tódolos traballadores que por necesidades da empresa e por orde do empresario teñan que efectuar viaxes ou desprazamentos que lle impidan realizar comidas ou pernoctacións no seu lugar habitual ou domicilio terán dereito ás seguintes axudas de custo:

-Axuda de custo completa con pernicta: 5.500 ptas.-Axuda da custo completa: 3.800 ptas.-Media axuda de custo: 1.800 ptas.

2. Se por circunstancias excepcionais os gastos orixinados superan os importes establecidos para o efecto, o exceso deberá ser pagado pola empresa, logo de coñecemento e posterior xustificación por parte do traballador.

3. Se a empresa se fixese cargo de tódolos gastos, non lles aboará ningunha cantidade por estes conceptos ós traballadores.

Artigo 31º.-Desgaste de ferramentas.

A empresa que non lles entregase ós seus productores as ferramentas necesarias para os seus traballos pagarán en compensación do seu desgaste, 170 ptas., por cada día de traballo.

Artigo 32º.-Complemento por penosidade, toxicidade ou perigosidade.

1. Ós traballadores que teñan que realizar labores que resulten excepionalmente penosos, tóxicos ou perigosos, deberá aboárselles un incremento do 20% sobre o seu salario. Se estas funcións se efectuaran durante a metade da xornada ou en menos tempo, o incremento será do 15% aplicado ó tempo realmente traballado.

2. Se por calquera causa desapareceran as condicións de excepcional penosidade, toxicidade ou perigosidade, deixarán de aboarse os sinalados incrementos non tendo por tanto carácter consolidable.

Artigo 33º.-Complemento de nocturnidade.

1. Ós traballadores que teñan que realizar traballos nocturnos, serán retribuídos cun complemento do 20% sobre o seu salario.

O dito complemento aboarase integramente cando a xornada de traballo e o período nocturno teñan unha coincidencia superior ás catro horas; se fose inferior a este tempo, a retribución será proporcional ó número de horas traballadas durante o período nocturno.

2. Excepturanse do establecido anteriormente e, por conseguinte non procederá compensación ningunha, os traballos propios da natureza nocturna, tales como: gardas, serenos ou similares que fosen contratados para desenvolve-las súas funcións durante a noite.

Artigo 34º.-Non aplicación do réxime salarial.

1. O incremento salarial pactado no presente convenio poderá non aplicarse en todo ou en parte, só no caso de empresas cunha estabilidade económica que puidera verse danada como consecuencia de tal aplicación.

2. Para acollerse á dita inaplicabilidade, a empresa deberá formula-la petición diante dos traballadores ou os seus representantes, por unha banda, e ante a comisión paritaria, por outro, xuntando a seguinte documentación:

a) memoria xustificativa da solicitude.

b) Documentación que acredite a causa invocada, entre a que necesariamente figurará a presentada ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria e o Rexistro Mercantil, referida ós tres últimos exercicios.

c) Proposta salarial alternativa que incluirá en todo caso, a recuperación futura da perda salarial negociada.

d) Proposta de viabilidade para o futuro da empresa.

3. A empresa e os traballadores ou os seus representantes poderán alcanzar acordo no prazo de quince días, que deberá ser notificado á comisión paritaria para que o acordo alcance eficacia plena.

4. No caso de non alcanzarse acordo, a cuestión elevarase á comisión paritaria, que será a competente para resolver en definitiva e, se é o caso, fixa-las condicións salariais alternativas.

Capítulo V

Prestacións sociais

Artigo 35º.-Complementos de prestacións de incapacidade temporal.

1. As empresas completarán a prestación económica por incapacidade temporal (IT) ata o 100%

do salario do traballador, nos seguintes casos, e durante o tempo que se indica en cada un deles:

a) IT derivada de accidente laboral, incluído in itinere ou enfermidade profesional:

-Con hospitalización: desde o primeiro día e ata un máximo de doce meses.

-Sen hospitalización: a partir do quinto día e ata un máximo de catro meses.

b) IT derivada de enfermidade común ou accidente non laboral:

-Con hospitalización: desde o primeiro día e ata un máximo de catro meses.

-Sen hospitalización: desde os trinta días e ata un máximo de tres meses.

2. Terase dereito ás prestacións por hospitalización, referidas nos apartados anteriores, nos supostos nos que o traballador permanezca ingresado máis de sete días.

Artigo 36º.-Indemnización por morte ou invalidez.

As empresas afectadas polo presente convenio teñen a obriga de subscribi-la correspondente póliza de seguro por accidente de traballo, accidente in itinere e enfermidade profesional, que cubra as seguintes contingencias:

a) No caso de morte: 2.000.000 de ptas.

b) No caso de invalidez permanente: 2.500.000 ptas.

c) No caso de absoluta ou grande invalidez: 3.000.000 de ptas.

Capítulo VI

Representación dos traballadores

Artigo 37º.-Dereitos sindicais.

1. As empresas respectarán o dereito de tódolos traballadores a se sindicaren libremente. Non poderán condiciona-lo emprego dun traballador á obriga de non afiliarse ou renunciar á súa afiliación sindical, non poderán despedir a un traballador nin prexudicalo, de calquera outra maneira, a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

2. As empresas permitiranlles ós traballadores afiliados a un sindicato e ós propios sindicatos, celebrar reunións, logo de comunicación; recadar cotas e distribuír información sindical fóra de horas de traballo sen que perturbe a súa actividade normal.

3. As empresas con máis de 50 traballadores, facilitaranlle ó comité de empresa un local perfectamente acondicionado, dentro da empresa, onde poida realiza-las súas actividades sindicais.

4. Nos centros de traballo con máis de 75 traballadores, a empresa recoñeceralles ás centrais sindicais un delegado sindical, segundo o previsto no artigo 10 da Lei orgánica de liberdade sindical.

5. A empresa porá, á disposición da representación sindical, un taboleiro de anuncios nun lugar visible e de acceso a tódolos traballadores.

Artigo 38º.-Garantías.

Os membros do comité de empresa, delegados de persoal ou delegados sindicais desfrutarán das seguintes garantías:

1. Non poderán ser despedidos ou sancionados durante o exercicio das súas funcións, nin dentro do ano seguinte do seu cesamento, salvo que este se produza por revogación ou demisión, sempre que o despidedimento ou sanción se basee na actuación do traballador no exercicio legal da súa representación.

2. Posuirá prioridades de permanencia na empresa, nos supostos de suspensión ou extinción por causas tecnolóxicas ou económicas.

3. Se o despedimento ou calquera outra sanción, por suposta falta grave ou moi grave, obedecera a outras causas deberá tramitarse expediente contradictorio, no que será escoitado á parte do interesado, o comité de empresa ou os delegados de persoal.

4. Non poderán ser discriminados, na súa promoción económica ou profesional, por causa ou razón do desempeño da súa representación.

5. Poderán acumularse horas dos distintos membros do comité ou delegados, nun ou varios compoñentes, debéndose producir un aviso de, polo menos, quince días co fin de que a empresa poida programa-la substitución do traballador que se trate. Farase sempre mención ó período no que se vai facer uso da acumulación.

6. Non se lle computarán no seu crédito de horas, para o exercicio das súas funcións de representación, aquelas que se produzan con motivo da designación como compoñentes da comisión negociadora do convenio ou das comisións paritarias.

Artigo 39º.-Competencias.

Os membros do comité de empresa, delegados de persoal ou delegados sindicais terán as seguintes competencias:

1. Coñece-lo balance, a conta de resultados, a memoria e, no caso de que a empresa revista a forma de sociedade por accións ou participacións, daqueles documentos que se lles dean a coñecer ós socios e nas mesmas condicións.

2. Emitir informe, con carácter previo á execución por parte do empresario, das decisións adoptadas por este sobre as seguintes cuestións:

a) Restructuración do cadro de persoal e cesamentos totais ou parciais, definitivos ou temporais daquel.

b) Reducción da xornada, así como traslado total ou parcial das instalacións.

c) Implantación ou revisión de sistemas de organización e control do traballo.

d) Estudio de tempos, establecemento de sistemas de primas ou incentivos e valoración de postos de traballo.

e) Cando a fusión, absorción ou modificación do status xurídico da empresa supoña calquera incidencia que afecte o volume do emprego.

3. Ser informado de tódalas sancións impostas por faltas moi graves.

4. Colaborar coa dirección da empresa para consegui-lo establecemento de cantas medidas procuren o mantemento e incremento da productividade, de acordo co pactado no presente convenio.

Capítulo VII

Saúde laboral

Artigo 40º.-Revisión médica.

1. A empresa estará obrigada a realizar recoñecemento médico periódico a tódolos traballadores ó seu servicio, polo menos unha vez ó ano.

2. Así mesmo, efectuaráselle revisión médica ó traballador que se incorpora á empresa, dentro dos 30 días seguintes ó seu ingreso, salvo que xa a realizase no último ano natural.

3. O traballador poderá optar por pasa-lo recoñecemento médico pola súa conta; neste caso, deberá de presentar obrigatoriamente na empresa o certificado médico pertinente.

4. Os traballadores disporán de media xornada retribuída para realiza-la revisión. No caso de que sexa necesario máis tempo, terán que presentar xustificante, séndolle igualmente retribuído o exceso. Os gastos de desprazamento serán por conta da empresa.

Artigo 41º.-Roupa de traballo.

1. As empresas entregaranlle a todo o persoal que o necesite polo posto de traballo que desempeñe, un conxunto de chaqueta e pantalón cada seis meses.

2. O incumprimento desta obriga dará lugar ó aboamento de 4.800 ptas., en compensación por cada conxunto de pezas de roupa non entregadas.

Artigo 42º.-Consulta dos traballadores.

1. O empresario deberá consultar ós traballadores, coa debida antelación, a adopción das decisións relativas á planificación e á organización do traballo na empresa e á introducción de nova tecnoloxía, en todo o relacionado coas consecuencias que estas puidesen ter para a seguridade e saúde dos traballadores.

2. Nas empresas que conten con representantes dos traballadores, as consultas levaranse a cabo con eles.

Artigo 43º.-Risco grave e inminente.

1. O empresario estará obrigado a informa-lo antes posible a tódolos traballadores afectados, sobre a

existencia dun risco grave e inminente, e das medidas que se deban adoptar en materia de protección.

2. O traballador terá dereito a interrompe-la súa actividade e abandona-lo lugar de traballo, en caso necesario, cando considere que a dita actividade entraña un risco grave e inminente para a súa vida e saúde.

3. Cando o empresario non adopte as medidas necesarias, os representantes legais dos traballadores poderán acordar, pola maioría dos seus membros, a paralización da actividade. Tal acordo será comunicado de inmediato á empresa e á autoridade laboral, a cal, nun prazo de vintecatro horas, anulará ou ratificará a paralización acordada.

4. Os traballadores ou os seus representantes non poderán sufrir ningún prexuízo derivado da adopción das medidas ás que se refiren os apartados anteriores, a menos que obrasen de mala fe ou cometido neglixencia grave.

Artigo 44º.-Delegados de prevención.

1. Os delegados de prevención son os representantes dos traballadores con funcións específicas en materia de prevención de riscos no traballo e serán designados por e entre os representantes do persoal, de acordo coa seguinte escala:

-De 50 a 100 traballadores: 2 delegados de prevención.

-De 101 a 500 traballadores: 3 delegados de prevención.

Nas empresas de:

-Ata trinta traballadores, o delegado de prevención será o delegado de persoal.

-De trinta e un a coarenta e nove traballadores haberá un delegado de prevención, que será elixido por e entre os delegados de persoal.

2. Competencias:

a) Colaborar coa dirección da empresa na mellora da acción preventiva.

b) Promover e fomenta-la cooperación dos traballadores na execución da normativa sobre prevención dos riscos laborais.

c) Exerce-lo labor de vixilancia e control sobre o cumprimento da normativa de prevención de riscos laborais.

3. Facultades:

a) Acompaña-los técnicos nas avaliacións de carácter preventivo, así como ós inspectores de traballo nas visitas que realicen ós centros de traballo, podendo formular diante deles as observacións que consideren oportunas.

b) Ser informado polo empresario sobre os danos producidos na saúde dos traballadores, unha vez que se tivese coñecementos deles.

c) Recibir do empresario as informacións obtidas por este, procedentes das persoas ou órganos encargados das actividades de protección e prevención na empresa.

d) Realizar visita ós lugares de traballo para exercer un labor de vixilancia e control do estado das condicións de traballo, de maneira que non se altere o normal desenvolvemento do proceso productivo.

4. Garantías:

a) Na súa condición de representantes dos traballadores, seranlles de aplicación as garantías previstas no artigo 68 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, Estatuto dos traballadores.

O tempo utilizado polos delegados de prevención nas súas actividades será considerado coma no exercicio das súas funcións de representación para efectos do crédito de horas mensuais retribuídas.

Non se computarán como tales as correspondentes a reunións do Comité de Seguridade e Saúde, reunións co empresario en materia de prevención, ou as destinadas ás visitas previstas nas letras a) e d) do apartado 3 deste artigo.

b) O empresario deberá proporcionarlles ós delegados de prevención os medios e formación necesarios en materia preventiva.

O tempo dedicado á formación será considerado como tempo de traballo, para tódolos efectos.

c) Manterán o segredo profesional debido respecto das informacións ás que tivesen acceso pola súa actuación na empresa.

Artigo 45º.-Comité de seguridade e saúde.

1. O comité de seguridade e saúde é o órgano paritario e colexiado de participación destinado á consulta regular e periódica das actuacións da empresa en materia de prevención de riscos.

2. Constituirase un comité de seguridade e saúde en tódalas empresas ou centros de traballo que conten con 50 ou máis traballadores. Estará formado polos delegados de prevención, dunha parte, e polo empresario e/ou os seus representantes en igual número da outra.

Reuniranse trimestralmente e sempre que o solicite algunha das representacións deste. Adoptarán as súas propias normas de funcionamento.

3 Competencias:

a) Participar na elaboración, posta en práctica e avaliación dos plans e programas de prevención de riscos na empresa.

b) Promover iniciativas sobre métodos e procedementos para a efectiva prevención dos riscos.

4. Facultades:

a) Coñecer directamente a situación relativa á prevención dos riscos no centro de traballo, realizando para tal efecto as visitas que considere oportunas.

b) Coñecer cantos documentos e informes relativos ás condicións de traballo sexan necesarios.

c) Coñecer e analiza-los danos producidos na saúde ou na integridade física dos traballadores.

d) Coñecer e informa-la memoria e programación anual de servicios de prevención.

Artigo 46º.-Comisión paritaria provincial de seguridade e saúde laboral.

1. As partes asinantes acordan constituí-la comisión paritaria sectorial de seguridade e saúde laboral, integrada por seis membros, designados tres por cada unha das partes, sindical e empresarial, na forma que decidan as respectivas organizacións.

2. Serán funcións desta comisión:

a) Solicitar do Ministerio de Traballo e do Goberno Autónomo o recoñecemento oficial como interlocutor social sectorial en materia de seguridade e saúde, tanto no seu aspecto lexislativo como no desenvolvemento de planos e medidas formativas.

b) Estudiar e acorda-los mecanismos oportunos de coordinación da información provincial en materia de sinistralidade no sector.

c) Promover cantas medidas considere tendentes a mellora-la situación do sector nesta materia, tendo como obxectivo fundamental estende-la preocupación pola seguridade a tódolos niveis, fomentando campañas de mentalización, etc.

d) Acomete-las xestións necesarias para obte-los medios que lle permitan desenvolve-las súas funcións coa eficacia axeitada.

e) Promove-la creación dun órgano específico, nos termos e conforme as modalidades que acorden, con competencias xerais respecto do conxunto dos centros de traballo incluídos no ámbito de aplicación do convenio, para fomenta-lo mellor cumprimento destes da normativa sobre prevención de riscos laborais, segundo o artigo 35 da Lei 31/1995, de prevención de riscos laborais.

f) Cantas outras funcións acorde a propia comisión atribuírse, encamiñadas ós seus fins.

3. A comisión reunirase unha vez ó ano. Poderanse convoca-las súas reunións extraordinarias que se consideren necesarias e serán solicitadas pola metade máis un dos seus membros.

Capítulo VIII

Formación

Artigo 47º.-Comisión paritaria provincial de formación.

1. As partes asinantes acordan constituí-la comisión paritaria de formación profesional. Esta comisión estará integrada por 6 membros, designados 3 por cada unha das partes, empresarial e sindical, na forma que decidan as respectivas organizacións.

2. Serán funcións desta comisión:

a) Requirir das administracións públicas e dos organismos comunitarios competentes o recoñecemento oficial desta comisión como interlocutor sectorial, para recibi-la información existente sobre programas e cursos de formación profesional, con financiamento oficial, que afecten ó sector e colaboren co seu desenvolvemento, tanto no ensino regrado como no ocupacional ou continuo.

b) Consegui-los estudos pertinentes de necesidades e requirimentos de formación no sector, nas tres variantes, para chegar a defini-la súa organización.

c) Consegui-los planos formativos necesarios para a homologación das cualificacións profesionais de traballadores: técnicos, administrativos e manuais, cos equivalentes na Comunidade Europea.

d) Calquera outra función que a comisión acorde atribuírse, encamiñada ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector.

3. A comisión paritaria sectorial de formación profesional reunirase unha vez ó ano. Poderanse convoca-las reunións extraordinarias que se consideren necesarias, se o solicitan a metade máis un dos seus membros.

Capítulo IX

Faltas e sancións

Artigo 48º.-Faltas e sancións.

Considerarase falta laboral toda acción ou omisión da que resulte responsable o traballador, que se produza con ocasión ou como consecuencia da relación laboral e que constitúa un incumprimento grave e culpable das súas obrigas.

As faltas graduaranse atendendo á súa importancia, transcendencia, voluntariedade e malicia na súa comisión en: leves, graves e moi graves.

Artigo 49º.-Faltas leves.

1. As faltas de puntualidade na asistencia ó traballo, sen causa xustificada, de dúas a catro faltas no período dun mes ou de trinta días naturais.

2. Non cursar no momento oportuno a comunicación correspondente, cando se falte ó traballo por motivo xustificado, salvo que se probe a imposibilidade de facelo.

3. O abandono ou ausencia do posto de traballo, sen previo aviso ou autorización, anque sexa por breve tempo. Se como consecuencia diso se causase algún prexuízo á empresa ou fose causa de accidente ós compañeiros de traballo, será considerara como grave ou moi grave.

4. Pequenos descoidos na conservación do material, maquinaria, ferramentas e instalacións, salvo que iso repercuta na boa marcha do servicio; caso no que poderá ser considerada como grave ou moi grave.

5. Non atende-lo público coa corrección e dilixencia debidas.

6. Non informa-la empresa dos cambios de domicilio.

7. As discusións sobre asuntos estraños ó traballo dentro das dependencias da empresa ou durante calquera acto de servicio. Se se produce con notorio escándalo, poden ser consideradas como graves ou moi graves.

8. A inobservancia das normas en materia de seguridade e hixiene no traballo ou saúde laboral, que non entrañen risco para o traballador nin para os seus compañeiros de traballo ou terceiras persoas, xa que de darse estas circunstancias, será considerado como grave ou moi grave segundo os casos.

9. Usa-lo teléfono da empresa para asuntos particulares, sen autorización.

10. A embriaguez ocasional.

11. Cambiar, mirar ou revolve-los armarios, taquillas ou efectos persoais dos compañeiros de traballo, sen a debida autorización dos interesados.

Artigo 50º.-Faltas graves.

1. Alegar motivos falsos para a obtención de licencias ou permisos.

2. Atoparse no local de traballo, fóra das horas de traballo, sen autorización.

3. Máis de catro faltas inxustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, durante un mes ou trinta días naturais.

4. Faltar ó traballo dun a tres días durante o mes sen causa xustificada.

5. Non comunicar con dilixencia debida as alteracións familiares que poidan afecta-los procesos administrativos ou prestacións sociais. Se mediara algunha malicia será considerada como moi grave.

6. Simula-la presencia doutro traballador na empresa mediante calquera forma.

7. A neglixencia no traballo que afecte a boa marcha nesete.

8. A imprudencia no traballo, que implicase risco de accidente para o traballador ou outros, ou ben perigo de avaría na maquinaria, ferramentas ou instalacións, poderá ser considerada moi grave.

9. A asistencia reiterada ó traballo en estado de embriaguez ou toxicomanía.

10. A reincidencia en falta leve dentro dun trimestre, cando exista sanción por escrito da empresa.

11. Non advertir e instruír axeitadamente a outros traballadores sobre os que teña algunha relación de autoridade ou mando, do risco do traballo que se vaia executar e do posible modo de evitalo.

12. Transitar ou permiti-lo o tránsito por lugares ou zonas perigosas portando útiles de ignición, así como por lugares expostos ó risco de incendio.

13. A falta de sixilo profesional divulgando datos, informes ou antecedentes que poidan producir prexuízo de calquera tipo á empresa.

14. Calquera falsidade ou inexactitude deliberada nos partes ou documentos de traballo, ou a negativa á súa formalización, así coma proporcionar falsa información á dirección da empresa, ou ós seus superiores en relación co traballo.

15. A inxustificada delegación de funcións ou traballo en persoal de inferior rango laboral ou non cualificado para a súa realización.

16. A aceptación de dádivas ou regalos por dispensar trato de favor no servicio.

17. A diminución voluntaria do rendemento do traballo normal.

18. Non informar coa debida dilixencia ós seus xefes, ó empresario, ou a quen o represente de calquera anomalía que observe nas instalacións e demais útiles, ferramentas, maquinaria e materiais.

19. Descoidos de importancia na conservación, limpeza ou utilización de materiais, máquinas, ferramentas e instalacións que o traballador utilice.

Artigo 51º.-Faltas moi graves.

1. A desobediencia continuada ou persistente no traballo.

2. Máis de dez faltas inxustificadas de puntualidade na asistencia ó traballo, cometidas nun período de tres meses ou de 20 durante seis meses.

3. A fraude, a deslealdade, ou o abuso de confianza nas xestións encomendadas, así como o furto ou roubo tanto á empresa coma ós compañeiros de traballo ou a terceira persoa, dentro das instalacións da empresa ou durante o desenvolvemento da súa actividade profesional.

4. Realizar, sen o oportuno permiso, traballos particulares durante a xornada de traballo, así como empregar ferramentas, útiles ou materiais para uso propio.

5. Maliciosamente, facer desaparecer, inutilizar, destrozar ou causar desperfectos en materiais, ferramentas, útiles, aparellos, instalacións, vehículos, edificios, enxoval e incluso documentos da empresa.

6. A condena por sentencia firme por delictos de roubo, furto, violación ou abusos sexuais, así como calquera outro delicto que puidera implicar desconfianza da empresa respecto ó seu autor, aínda que estes foran cometidos fóra da empresa.

7. A embriaguez ou toxicomanía habitual durante o traballo que repercuta negativamente no traballo.

8. Viola-lo segredo da correspondencia ou de documentos reservados da empresa.

9. Revelar a elementos estraños á empresa datos desta de obrigada reserva.

10. Dedicarse a actividades profesionais, por conta propia, en empresas da competencia, sen a oportuna a expresa autorización.

11. Os malos tratos de palabra ou obra ou faltas graves de respecto e consideración ós superiores, compañeiros ou subordinados.

12. A imprudencia, neglixencia ou incumprimento das normas ou ordes sobre seguridade e hixiene no traballo, cando por iso se produza grave risco para os traballadores ou danos para as instalacións.

13. Causar accidentes graves por neglixencia, descoido ou imprudencia inescusable ou serio perigo para as empresas.

14. A non utilización dos medios ou materiais de prevención de riscos de accidentes de traballo, facilitados pola empresa.

15. Abandono-lo posto de traballo en cargo de responsabilidade ou cando con iso causar un prexuízo grave no proceso productivo, deterioración importante das cousas ou serio perigo para as persoas.

16. A diminución voluntaria e continuada no rendemento normal ou pactado.

17. A reincidencia en faltas graves, aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun período de seis meses, sempre que fora obxecto de sanción por escrito.

18. A falta de asistencia ó traballo non xustificada por máis de tres días no mes ou de 30 días naturais.

19. A comisión de erros repetidos e intencionados, que poidan orixinar prexuízos á empresa.

20. A emisión maliciosa ou por neglixencia inescusable, de informes errados ou a sabendas de que non os exactos.

21. A simulación de supostos de incapacidade temporal ou accidente.

Artigo 52º.-Graducación das sancións.

1. As sancións que poderán impoñe-las empresas en cada caso, graduaranse atendendo á gravidade da falta cometida, podendo se-las seguintes:

a) Por faltas leves

-Amoestación verbal.

-Amoestación escrita.

b) Por faltas graves:

-Suspensión de emprego e soldo de 1 a 20 días.

c) Por faltas moi graves:

-Suspensión de emprego e soldo de 21 a 90 días.

-Despedimento.

2. Para a aplicación e graduación das sancións que anteceden, terase en conta:

a) O maior ou menor grao de responsabilidade do que comete a falta.

b) A categoría profesional deste.

c) A repercusión do feito nos demais traballadores e na empresa.

Artigo 53º.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non expresamente previsto neste convenio observarase o establecido na lexislación xeral ou de especial aplicación e no convenio colectivo estatal da madeira, mentras se encontre en vigor.

Artigo 54º.-Idioma.

O texto do presente convenio publicarase nos dous idiomas oficiais da Comunidade Autónoma.

ANEXO I

Táboa de salarios 1998

TotalSalario

base

Compensación

antigüidade

Retribución

Persoal de taller:
Encargado xeral. Xefe de taller113.6001.500115.100
Encargado de sección, de producción113.0061.500114.506
Oficial preparador-trazador112.2311.500113.731
Oficial 1ª110.9291.500112.429
Oficial 2ª108.7691.500110.269
Axudante107.5341.500109.034
Peón104.9571.500106.457

Persoal administrativo e técnico:
Xefe de oficina, de oficina técnica, analista programador129.0351.500130.535
Oficial de 1ª, delineante técnico especialista, programador115.2961.500116.796
Oficial de 2ª, delineante técnico auxiliar, operador108.7691.500110.269
Auxliar administrativo, telefonista107.2701.500108.770

ANEXO II

Antigüidade consolidada ó día 1-1-1998

Categoría5 anos6 anos7 anos8 anos9 anosCada ano

Persoal de taller:

Encargado xeral, etc.5.7556.9068.0579.20810.3591.151

Encargado de sección, etc.5.7256.8708.0159.16010.3051.145

Oficial preparador-trazador5.6866.8247.9619.09810.2361.137

Oficial de 1ª5.6216.7467.8708.99410.1191.124

Oficial de 2ª5.5136.6167.7198.8219.9241.103

Axudante5.4526.5427.6328.7239.8131.090

Peón5.3236.3877.4528.5179.5811.065

Categoría5 anos6 anos7 anos8 anos9 anosCada ano

Persoal administrativo:

Xefe de oficina, etc.6.5277.8329.13710.44311.7481.305

Oficial de 1ª, etc.5.8407.0088.1769.34410.5121.168

Oficial de 2ª, etc.5.5136.6167.7198.8219.9241.103

Auxiliar administrativo, etc.5.4386.5267.6148.7029.7891.088

4034