Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Xoves, 07 de maio de 1998 Páx. 4.854

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de abril de 1998 pola que se lle autoriza a transformación dunha unidade de EXB nunha unidade do 2º ciclo de educación infantil ó centro privado Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras-Ribeira (A Coruña).

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Sagrado Corazón de Jesús de Castiñeiras-Ribeira, no que solicita a transformación dunha unidade de EXB nunha unidade do 2º ciclo de educación infantil no dito centro.

Resultando que o centro obtivo, por Orde do 7 de febreiro de 1975, a clasificación definitiva para 2 unidades de preescolar e por Orde do 6 de outubro de 1976, a clasificación definitiva para 8 unidades de EXB.

Resultando que o centro solicita a transformación dunha unidade de EXB nunha unidade de educación infantil-2º ciclo.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (BOE do 4); o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño (BOE do 26); o Decreto 133/1995, do 10 de maio (Diario Oficial de Galicia do 22); a Orde do 20 de setembro de 1995 (Diario Oficial de Galicia do 15 de decembro), pola que se desenvolve o antedito decreto,

Considerando que o Real decreto 1004/1991 establece, na súa disposición transitoria terceira, que os centros privados que teñan autorización ou clasificación definitiva para imparti-la educación preescolar, na entrada en vixencia deste real decreto, se entenden autorizados para poder imparti-lo segundo ciclo de educación infantil, suposto que se da no centro solicitante,

Considerando que a disposición transitoria quinta do antedito real decreto, no seu apartado 3º, obriga ós centros de educación preescolar que teñan autorización definitiva para unha ou dúas unidades a completa-las unidades necesarias para imparti-lo segundo ciclo completo de educación infantil,

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, e tendo en conta a disposición derradeira segunda do referido Decreto 133/1995,

DISPÓN:

Autorizarlle a transformación dunha unidade de EXB nunha unidade do segundo ciclo de educación infantil ó centro privado que se relaciona no anexo da presente resolución, facendo constar que, para a posta en funcionamento dela, a titulación do profesorado deberá axustarse ó establecido no Real decreto 1004/1991.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia da Coruña

Concello: Ribeira.

Localidade: Castiñeiras.

Enderezo: rúa Fonte Nova, 4.

Denominación: Sagrado Corazón de Jesús.

Titular: Hermanas de la Caridad del Sagrado Corazón de Jesús.

Composición resultante:

Centro de educación infantil: 3 unidades.

Centro de educación primaria: 6 unidades.

3957