Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de abril de 1998 pola que se fan públicas as adxudicacións definitivas dos contratos administrativos que se citan.

O presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, en virtude das facultades que lle confire a Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da administración hidráulica de Galicia, modificada pola Lei 2/1998, do 8 de abril, resolveu adxudica-los seguintes traballos:

-Rede abastecemento a Carballedo-primeira fase (Lugo).

Adxudicatario: Espina y Delfín, S.L.

Orzamento: 94.623.814 ptas.

-Saneamento e abastecemento a Barreiros, terceira fase (Lugo).

Adxudicatario: Espina Obras Hcas, S.A.

Orzamento: 68.613.213 ptas.

-Rede de abastecemento de auga a Cesuras, Mandaio, Dordaño e Santaia (Cesuras-A Coruña).

Adxudicatario: Movex Vial, S.L.

Orzamento: 53.500.000 ptas.

-Saneamento en Calvos de Randín (Ourense).

Adxudicatario: Proyecon Galicia, S.A.

Orzamento: 49.885.000 ptas.

-Mellora das marxes nos ríos Malloadas e Cabe no T.M. de Monforte de Lemos (Lugo).

Adxudicatario: Misturas Asfálticas Galegas, S.A.

Orzamento: 140.111.000 ptas.

-Abastecemento de auga á parroquia de Valencia (Coristanco-A Coruña).

Adxudicatario: Gauxs, S.L.

Orzamento: 34.229.101 ptas.

-Abastecemento de augas a Veríns, segunda fase (Irixoa-A Coruña).

Adxudicatario: Preisberk de Cons., S.L.

Orzamento: 15.660.000 ptas.

-Abastecemento e saneamento en Astureses (Boborás-Ourense).

Adxudicatario: Cons. Castro Fdez., S.L.

Orzamento: 34.232.144 ptas.

-Captacións, abastecemento e saneamento no concello de Beariz (Ourense).

Adxudicatario: Dago, S.A.

Orzamento: 12.133.000 ptas.

-Rede de sumidoiros en San Lourenzo (Porqueira-Ourense).

Adxudicatario: M. Caramés Rozados.

Orzamento: 27.700.000 ptas.

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase e advírtese que esta resolución, en canto lle pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución, de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora de xurisdicción contencioso-administrativa.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas e 119 do regulamento.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do organismo autónomo Augas de Galicia

3923