Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.762

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1998 pola que se anuncia concurso público para a contratación dunha asistencia técnica para a verificación dos expedientes de subsidiación ó tipo de xuro concedido polo Igape.

En cumprimento da legalidade vixente, anúnciase concurso público aberto para a contratación polo Instituto Galego de Promición Económica (Igape) dunha asistencia técnica para a verificación dos expedientes de subsidiación ó tipo de xuro concedido polo Igape.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), r/Frei Rosendo Salvado 16-baixo, 15701 Santiago de Compostela, Tf: (981) 54 11 01, Fax: (981) 59 04 67.

b) Número de expediente: CP número 5/1998.

2. Obxecto do contrato:

a) Asistencia técnica para a verificación dos expedientes de subsidiación ó tipo de xuro concedidos polo Igape.

b) Prazo máximo de execución: seis meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 10.000.000 de ptas. (IVE incluído).

5. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento máximo de licitación: 20.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Domicilio: r/Frei Rosendo Salvado, 16 baixo.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701 A Coruña.

d) Teléfono: (981) 54 11 01.

e) Telefax: (981) 59 04 67.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

7. Presentación das ofertas ou solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión rematará ás catorce horas do décimo terceiro día hábil seguinte á publicación do anuncio de concurso no Diario Oficial de Galicia.

De coincidir en sábado, o prazo entenderase prorrogado ata as catroce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: en sobre pechado e lacrado e dentro do prazo sinalado, presentaranse no rexistro xeral do Instituto Galego de Promoción Económica, ou por correo, anunciándolle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante telegrama e xustificando a data da imposición do envío na oficina de correos.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses desde a apertura das ofertas.

8. Apertura das ofertas: en acto público, ás 12 horas do segundo día hábil, que non coincida en sábado, seguinte á finalización do prazo de presentación de ofertas. No Instituto Galego de Promoción Económica, sito en r/Frei Rosendo Salvado, 16 Santiago de Compostela.

9. Gastos de anuncios. Os gastos dos anuncios serán por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 1998.

Diego Diz Fernandez

Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

3584