Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.761

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1998 pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto e trámite de urxencia, para a contratación do servicio de vixilancia do mobiliario e utensilios da Academia Galega de Seguridade.

1. Entidade adxudicataria.

Organismo: Academia Galega de Seguridade (AGS).

Número de expediente: 0033.

2. Obxecto do contrato: servicio de vixilancia do mobiliario e utensilios da Academia Galega de Seguridade.

Lugar de execución: A Estrada (Pontevedra).

Prazo de execución: seis meses desde o día seguinte á notificación da adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 14.350.000 ptas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 287.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: Avda. da Cultura, s/n.

Localidade e código postal: A Estrada, 36680.

Teléfono: (986) 59 00 21.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

7. Requisitos específicos do contratista.

Os indicados no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a data límite será o primeiro día hábil seguinte.

Documentación que cómpre presentar: a indicada na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: Avda. da Cultura s/n.

Localidade e código postal: A Estrada, 36680.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses, segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, do contratos das administracións públicas.

9. Apertura de ofertas económicas.

Entidade: Academia Galega de Seguridade.

Enderezo: Avda. da Cultura, s/n.

Localidade e código postal: A Estrada, 36680.

Data: sexto día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

Hora: doce trinta horas.

10. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do contratista adxudicatario.

A Estrada, 13 de abril de 1998.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

3530