Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.757

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1998 pola que se anuncian, polo sistema de concurso aberto con trámite de urxencia, as contratacións seguintes: catalogación de impresos anteriores a 1900 nas bibliotecas nodais de Pontevedra, Lugo, Santiago de Compostela, Mondoñedo e Poio; traslado a formato MARC de rexistros nas bibliotecas de Lugo e Ourense e dixitalización de prensa antiga nas bibliotecas nodais de Lugo e Pontevedra.

Esta Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, as contratacións seguintes:

-Catalogación de impresos anteriores a 1900 nas bibliotecas nodais de Pontevedra, Lugo, Santiago de Compostela, Mondoñedo e Poio:

-Orzamento de licitación: 20.000.000 de ptas. (vinte millóns de pesetas), IVE incluído.

-Prazo de execución: cinco (5) meses.

-Fianza provisional: non se esixe.

-Clasificación requirida: grupo III, subgrupo 3, categoría B.

-Traslado a formato MARC de rexistros nas bibliotecas de Lugo e Ourense:

-Orzamento de licitación: 6.000.000 de ptas. (seis millóns de pesetas), IVE incluído.

-Prazo de execución: cinco (5) meses.

-Fianza provisional: 120.000 ptas.

-Clasificación requirida: non se esixe.

-Dixitalización de prensa antiga nas bibliotecas nodais de Lugo e Pontevedra:

-Orzamento de licitación: 8.000.000 ptas. (oito millóns de pesetas), IVE incluído.

-Prazo de execución: cinco (5) meses.

-Fianza provisional: 160.000 ptas.

-Clasificación requirida: non se esixe.

-Exposición dos pregos: os pregos de características técnicas e os pregos de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.

-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares. Os licitadores que concorran a máis dunha contratación deberán presenta-la documentación para cada unha delas.

-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.

Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

-O importe do anuncio do presente concurso será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo

3931