Esta Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anunciar, polo sistema de concurso, procedemento aberto, trámite de urxencia, a contratación da seguinte obra:
-Execución da restauración e mellora das fábricas da Catedral de Santiago de Compostela (A Coruña):
-Orzamento de licitación: 169.557.367 ptas. (cento sesenta e nove millóns cincocentas cincuenta e
sete mil trescentas sesenta e sete pesetas), IVE incluído.
-Prazo de execución: seis (6) meses.
-Fianza provisional: non se esixe.
-Clasificación requirida: grupo K, subgrupo 7, categoría e.
-Exposición do proxecto: o proxecto técnico e o prego de cláusulas administrativas estarán de manifesto no Servicio de Obras e Contratación da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e nas delegacións provinciais durante o prazo de presentación de proposicións, de 10 a 14 horas, e no teléfono (981) 58 89 38.
-Prazo de presentación de proposicións: será ata as 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
-Lugar de presentación de proposicións: no rexistro xeral da consellería en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 7.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.
-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
-Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación ás 11 horas do quinto día natural seguinte ó do remate do prazo de admisión de proposicións na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.
-O importe do anuncio do presente concurso será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 28 de abril de 1998.
P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)
Andrés González Murga
Secretario xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo
3356