Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1998 pola que se fai pública a adxudicación da explotación, en réxime de concesión, do servicio de hostelería no edificio do antigo parador de Portomarín (Lugo).

Esta consellería, en cumprimento do disposto no artigo 94 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, fai pública a adxudicación do contrato, mediante concurso aberto, da explotación en réxime de concesión do servicio de hostelería no edificio do antigo parador de Portomarín (Lugo), anunciado por Resolución do 23 de febreiro de 1998, da Consellería de Cultura, Comu

nicación Social e Turismo (Diario Oficial de Galicia nº 39, do 26 de febreiro):

-Servicio: explotación, en réxime de concesión, do servicio de hostelería no edificio do antigo parador de Portomarín (Lugo).

-Canon: 1.000.000 de ptas. (un millón de pesetas) por cada ano de explotación.

-Adxudicatario: Sada Hostelería, S.L.

-Data da adxudicación: 23-3-1998.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 1998.

P.D. (Orde 15-12-1997, DOG nº 243, do 17)

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

3930