Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.756

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E POLÍTICA AGROALIMENTARIA

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Industrias e Alimentación, sobre constitución, modificación, disolución, cancelación, baixa provisional e anulación de baixa provisional das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta dirección xeral, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Agricultura do 29 de abril de 1988, inscritas no rexistro de SAT de Galicia, así como as modificacións, disolucións, cancelación, baixa provisional e anulación de baixa provisional que se citan.

Constitución de:

A Sociedade Agraria de Transformación Buxeiros SAT nº 961 Xuga, de responsabilidade limitada e cunha duración indefinida, con enderezo en Vitre-Frades (A Coruña); obxecto social: explotación en común de terras e gando; capital social: 22.147.500 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Pedreira SAT nº 962 Xuga, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo na A Pedreira-Andabao-Boimorto (A Coruña); obxecto social: explotación común de terras e gandos; capital social: 600.000 pesetas; nº de socios: 3.

A Sociedade Agraria de Transformación Marcos SAT nº 963 Xuga, de responsabilidade limitada e cunha duración ilimitada, con enderezo en Cabanelas-Gonzar-O Pino (A Coruña); obxecto social: explotación en común de terras e gandos; capital social: 900.000 pesetas; nº socios: 3.

Modificación de:

A Sociedade Agraria de Transformación Bodegas Aldea de Abaixo SAT nº 835 Xuga, na asemblea xeral extraordinaria do 30 de decembro de 1996, acorda por unanimidade aproba-la orde do día resumida nesta inscrición cos puntos seguintes: 1. Nomeamento da xunta rectora, integrada por: José Rodríguez Alonso, presidente; Manuel Arturo Conde Fernández, secretario; Elidio Magallanes Rodríguez, vocal; Florentino Vázquez Pereira, vocal; José Luis Rodríguez Martínez, vocal; María Elisa González Rivero, vocal, e María del Carmen Cañada Navarro, vocal. 2. Aumento de 2.660.000 pesetas no capital social en 266 resgardos de 10.000 pesetas cada un, modificándose o artigo 2º dos estatutos sociais que pasa a dicir: o capital social cífrase en 6.860.000 pesetas, con 686 resgardos de 10.000 pesetas cada un deles.

A Sociedade Agraria de Transformación Aspoflor SAT nº 791 Xuga, na asemblea xeral do 26 de xaneiro

de 1998, acorda un aumento no capital social de 1.980.000 pesetas, pasando de 2.420.000 pesetas a un definitivo capital social de 4.400.000 pesetas, en 440 resgardos de 10.000 pesetas cada un.

Disolución de:

A Sociedade Agraria de Transformación Silvarredonda-Rois SAT nº 3938, na asemblea xeral do 4 de decembro de 1997, acorda solicita-la súa disolución, nomeando 3 socios liquidadores.

A Sociedade Agraria de Transformación Agueiros SAT nº 604 Xuga, na asemblea xeral do 30 de decembro de 1997, acorda os 3 socios existentes solicita-la disolución, nomeando os socios liquidadores.

Cancelación de:

A Sociedade Agraria de Transformación Agueiros SAT nº 604 Xuga, na asemblea xeral do 31 de decembro de 1997, acorda aprobar por maioría a súa cancelación, aceptando o balance final da liquidación.

Baixa provisional de:

A Sociedade Agraria de Transformación Monte Grande de Vimianzo-Santiso SAT nº 745 Xuga, por mandamento do 10 de marzo de 1998, da Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, dáse de baixa provisional no índice de entidades.

Anulación de baixa provisional de:

A Sociedade Agraria de Transformación Kiwi Noya SAT nº 536 Xuga, por mandamento do 4 de febreiro de 1998, da Delegación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, anúlase a súa baixa provisional, cancelándose a inscrición correspondente ó 16 de setembro de 1996.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 1998.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Alimentación

3476