Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.755

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, declaración de utilidade pública e aprobación do proxecto para execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 97/240-1).

Para os efectos previstos nos artigos 52 e 53 da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional (en vigor na data do 28 de outubro de 1997, na que se solicitou a incoación deste expediente), sométese a información pública a petición de Gamesa Promoción Eólica, S.A. (Gamesa P.E.), con enderezo na rúa Portal de Gamarra, 40, 01013 Vitoria/Gasteiz (Álava), e para efectos de notificacións, Avda. do Cruceiro da Coruña, 201-A, 15705 Santiago de Compostela, como entidades beneficiaria, para a autorización administrativa, a declaración de utilidade pública, que levará implícita a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa e imposición de servidumes

de paso, conforme dispón o título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, (BOE do 28-11-1997), en vigor na data desta información pública, e decretos 2617/1966 e 2619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sobre instalacións eléctricas (BOE do 24-10-1966), de aplicación transitoria; e a aprobación do proxecto de execución das instalacións da liña eléctrica aérea a 132 kV, de 3.465 m de lonxitude, con orixe na subestación de Mourela, constituída por un circuíto de tres conductores tipo LA-180 sobre torres metálicas de celosía, e final na conexión no apoio nº 9 da liña da subestación de Tesouro a subestación de Bustelo, propiedade de Made Energías Renovables, S.A., no termo municipal das Pontes de García Rodríguez (expediente 240/1997).

Finalidade: transporte de enerxía eléctrica á subestación de Mourela, propiedade de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., desde o parque eólico de Muras I (Gamesa Promoción Eólica).

En consecuencia, calquera persoa e os interesados que figuran na relación anexa, ós que se lles practica notificación individual, por xestión directa ante a entidade beneficiaria poderán rectifica-la titularidade dos predios, se este é o caso, e recadar datos para a identificación dos bens que se afecten, así como examina-lo proxecto nesta delegación, sección 3ª enerxía, 2º andar, edificio administrativo Monelos, praza de Luis Seoane, s/n, 15071 A Coruña, podendo formular, por escrito, alegacións en razón do disposto na Lei 54/1997 e nos decretos citados, dentro dos trinta días seguintes á presente publicación.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ó Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

A Coruña, 21 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 97/240-1Provincia: A Coruña

Termo municipal: concello das Pontes de García Rodríguez

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

14O IllóM.B.Pilar Bellas SecoRego do Muíño, 40, As Pontes de G.R.33660

25BarreiroM.B.Francisco Bellas SecoPoboado do Barreiro, F4, 1º Esq. As Pontes de G.R.œ(15)2027540

2Rego da PasadaM.B.Monte comunal As Pontes de G.R. (concello)Concello212561.120

3397