Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.738

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de abril de 1998 de corrección de erros na do 15 de abril de 1998 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño, en expectativa de ingreso, e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios de carreira dos anteditos corpos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na devandita orde publicada no DOG número 78, do venres 24 de abril de 1998, é necesario efectua-las seguintes rectificacións:

Na páxina 4.280, no anexo I, onde di: «apartado 1.1. Expediente académico no título alegado: valorarase exclusivamente a nota media do expediente académico do título esixido.. desde 6,01 e ata 7,7 correspóndenlle 1 punto», debe dicir: «desde 6,01 e ata 7,5 correspóndelle 1 punto».

Na páxina 4.288, no anexo IX de titulacións declaradas equivalentes, onde di: «especialidade de orga

nización e proceso de mantemento de vehículos, coa titulación de enxeñeiro técnico naval, especialidade de propulsión e servicios de buque», debe dicir: «enxeñeiro técnico naval, en tódalas súas especialidades».

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1998.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

3885