Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.738

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 14 de abril de 1998 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradores da propiedade para os rexistros vacantes que se citan.

Considerando que o nomeamento de rexistradores da propiedade que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta Comunidade Autónoma segundo o disposto no artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei orgánica 1/1981,

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade vacantes, en virtude de concurso ordinario convocado por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 3 de febreiro de 1998 (BOE do 13 de febreiro), e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 513 do regulamento para a súa execución, os decretos da Xunta de Galicia 13/1994, do 20 de xaneiro, 200/1994, do 23 de xuño, 292/1996, do 26 de xullo, 435/1996, do 20 de decembro, 351/1997, do 9 de decembro e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomea-los rexistradores da propiedade que de seguido se relacionan para prove-los rexistros vacantes radicados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia:

-Marina Rey Suárez, rexistradora de Ponte Caldelas, para o Rexistro de Chantada (Lugo).

-José Ramón Alconchel Saiz-Pardo, rexistrador de Becerreá, para o Rexistro de Sarria (Lugo).

Santiago de Compostela, 14 de abril de 1998.

Jesús C. Palmou Lorenzo

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

3631