Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.733

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 1998 pola que se determina o prazo de presentación de solicitudes de axudas específicas para a adquisición e a rehabilitación de inmobles situados en conxuntos históricos galegos no exercicio de 1998.

Por Orde do 29 de marzo de 1996 regulouse a concesión de axudas para a adquisición de inmobles en conxuntos históricos dentro do programa de vivenda a prezo taxado definido na normativa que desenvolveu o Plan de Vivenda e Solo 1996-1999. Igualmente regulouse a concesión de axudas á rehabilitación dos devanditos conxuntos históricos compatibles coas establecidas no dito plan.

O artigo 4.4º. da devandita orde dispón que, para os sucesivos exercicios, o prazo de presentación das solicitudes determinarase por resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A presente disposición, que non modifica o procedemento, abre o prazo de presentación das solicitudes no exercicio de 1998 e indica as partidas orzamentarias nas que figuran os créditos que amparan as devanditas axudas.

Logo dos informes preceptivos segundo o Decreto 21/1992, do 29 de xaneiro, e a orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 9 de

novembro de 1993, e en uso das referidas autorizacións,

DISPOÑO:

Artigo 1º.- Adquisición de vivendas.

As obrigas derivadas da aplicación do artigo 1 da Orde do 29 de marzo de 1996 atenderanse durante o exercicio de 1998 con cargo ó crédito que figura consignado para esta finalidade na aplicación 06.50.331A.783 do vixente orzamento de gastos do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Artigo 2º.- Rehabilitación de vivendas.

As obrigas derivadas da aplicación do artigo 2 da Orde do 29 de marzo de 1996 atenderanse durante o exercicio de 1998 con cargo ó crédito que figura consignado para esta finalidade na aplicación 06.50.331A.784 do vixente orzamento de gastos do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Artigo 3º

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día da entrada en vigor da presente disposición e rematará o 31 de outubro de 1998.

Disposición derradeira

A presente disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 1998.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

3935