Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.732

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1998 pola que se convocan unhas xornadas sobre os delictos contra a seguridade do tráfico no novo Código Penal.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1998, conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dunhas xornadas sobre os delictos contra a seguridade do tráfico no novo Código Penal, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

As xornadas teñen por obxectivo dota-los membros dos corpos e forzas de seguridade duns coñecementos teórico prácticos que lles poidan ser útiles posteriormente no desempeño da súa profesión.

Destinatarios.

As xornadas van dirixidas ós membros dos corpos e forzas de seguridade.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan é de 80.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 20 de maio de 1998.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade sita na: Avenida da Cultura, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

As xornadas celebraranse durante os días 3 e 4 de xuño de 1998.

O horario será en xornada de mañá (9.30 horas-14 horas) e tarde (16.30 horas-20 horas) o día 3, e en sesión de mañá o día 4.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 26 de maio de 1998 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (986) 59 00 21.

Lugar.

Salón de actos da Academia Galega de Seguridade, sita na Avenida da Cultura, s/n, no Concello da Estrada.

Certificado de participación.

Ó remate das xornadas entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a elas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 15 de abril de 1998.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

3730