Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Martes, 05 de maio de 1998 Páx. 4.731

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo de tinturerías, lavanderías e pranchado de roupa da provincia da Coruña.

Visto o expediente da revisión salarial para o ano 1998 do convenio colectivo de tinturerías, lavanderías e pranchado de roupa da provincia da Coruña, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-3-1998, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Tinturerías da provincia da Coruña, da parte social por UGT, CC.OO. e CIG o día 17-3-1998, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de marzo de 1998.

Mª Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Acta de reunión da comisión paritaria do convenio colectivo de tinturerías e lavanderías da provincia da Coruña (17-3-1998).

Asistentes:

-Pola parte empresarial: Pedro Roca, Domingo González (Asociación Provincial de Empresarios de Tintorerías da provincia da Coruña).

-Pola parte social: Rocío Veira (UGT), Luis Soto (CIG), José L. Paz Pena (CC.OO.).

Na Coruña, sendo as 17 horas do día 17 de marzo de 1998, nos locais da Confederación de Empresarios da Coruña, reúnense os integrantes da comisión paritaria do convenio colectivo de tinturerías e lavanderías da provincia da Coruña, co obxecto

de procederen á elaboración das táboas salariais do ano 1998, de conformidade co disposto no convenio colectivo vixente.

Ámbalas partes toman os seguintes acordos:

1. Aprobación das táboas salariais para o ano 1998 que figuran como anexo desta acta, resultado de aplica-lo incremento do 3,1%, tal como establece o artigo 9 do vixente convenio colectivo.

2. O complemento de asitencia fixado no artigo 11, para o ano 1998 quedaría na contía de 206 pesetas por día efectivo de traballo, e en 619 pesetas para o caso de traballo en sábados ou domingos e festivos.

3. O plus de transporte fixado no artigo 17, para o ano 1998 quedaría na contía de 134 pesetas por día efectivo de traballo.

4. Autorizar a Marina Graña Bermúdez, secretaria da comisión negociadora deste convenio, para que cumpra os trámites relativos ó rexistro, depósito e publicación desta acta e o seu anexo.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión sendo as 17.30 horas da data arriba indicada.

Táboas salariais convenio tinturerías ano 1998

CategoríasSalario

base/mes

Salario

base/ano

Persoal técnico
Director91.3261.278.564
Técnico86.0161.204.224
Encargado xeral80.7071.129.898
Xefe de sección75.3971.055.558

Persoal administrativo
Xefe administrativo75.3971.055.558
Oficial administrativo73.2731.025.822
Auxiliar administrativo72.2111.010.954

Persoal obreiro e de recibo e entrega
Encargado75.3971.055.558
Oficial de primeira73.2731.025.822
Oficial de segunda72.2111.010.954
Especialista71.149996.086
Mozo de reparto71.149996.086

Persoal subalterno e de servicios auxiliares
Limpador71.149996.086

3646