Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 04 de maio de 1998 Páx. 4.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1998 pola que se anuncia concurso público aberto por trámite de urxencia para a contratación do servicio de asistencia técnica e consultoría para a realización dunha auditoría do exercicio económico orzamentario de 1997 no ente público Portos de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: ente público Portos de Galicia, praza de Europa nº 5 A, 6º y 7º, Área Central, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servicio de asistencia técnica para a realización dunha auditoría do exer

cicio económico de 1997 no ente público Portos de Galicia.

b) Lugar de execución: sede central do ente público Portos de Galicia.

c) Prazo de execución: 1 mes , con posibilidade de prórroga de 15 días.

3. Modalidade de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Orzamento máximo de licitación: 3.000.000 de ptas.

5. Fianzas:

a) Fianza provisional: 2%, orzamento de licitación 60.000 ptas.

b) Fianza definitiva: 4% , orzamento de licitación 120.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información:

Entidade: ente público Portos de Galicia.

Domicilio: praza de Europa, nº 5 A, 6º y 7º, Área Central, polígono das Fontiñas.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, C.P. 15707.

Teléfono: (981) 54 45 02.

Telefax: (981) 54 53 57.

Data límite de obtención de documentos e información: as 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou en sábado o prazo será prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos:

8. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural contado desde o día seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en día inhábil ou sábado o prazo será prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que se presentará: a esixida no prego de cláusulas particulares e de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: ante a entidade , domicilio, localidade e código postal especificado no número 6.

d) Prazo durante o cal o licitador terá a obligación de mantela-la súa oferta:

Durante 45 días contados desde a apertura das proposicións.

e) Admisión de variantes: non se admiten variantes.

9. Apertura das ofertas:

Na entidade, domicilio e localidade especificada no punto 6 do presente anuncio.

A mesa de contratación reunirase ás 12 horas do décimo día natural, contado desde o seguinte á fin do prazo de admisión de proposicións expresado neste anuncio. De coincidir en día inhábil ou en sábado o prazo será prorrogado ata as 12 horas do seguinte día hábil.

A mesa de contratación cualificará previamente a documentación do sobre A e publicará no taboleiro de anuncios do ente público Portos de Galicia, Área Central, praza de Europa 5A-6º, C.P. 15707, Santiago de Compostela, o resultado da dita cualificación para que se emenden, dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na documentación.

10. Outras informacións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia

2185