Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 04 de maio de 1998 Páx. 4.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

ENTE PÚBLICO PORTOS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 2 de abril de 1998 pola que se fai público o outorgamento de concesións administrativas en terreos de dominio público portuario dos portos que se citan.

Cumpridos os trámites previstos na Lei 62/1997, do 26 de decembro, de modificación da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, na Lei 22/1988, de costas, no seu regulamento, aprobado por Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e nas demais normas de procedente aplicación, acordouse en virtude das atribucións delegadas por orde do conselleiro de Política Terri

torial, Obras Públicas e Vivenda do 29 de xaneiro de 1996, outorgar por resolución que pon fin á vía administrativa, as seguintes concesións en dominio público portuario, con suxeición ás condicións estipuladas nos pregos de condicións correspondentes.

-Resolución: 6-2-1998.

Obxecto: construcción dun edificio de servicios múltiples marítimos e terrestres.

Porto: Cariño.

Adxudicatario: Concello de Cariño.

Prazo: 30 anos.

-Resolución: 26-2-1998.

Obxecto: adaptación dun varadoiro.

Porto: Bueu.

Adxudicatario: Confraría de Pescadores de Bueu.

Prazo: 20 anos.

-Resolución: 5-3-1998.

Obxecto: construcción dun parque público.

Porto: Rianxo.

Adxudicatario: Concello de Rianxo.

Prazo: 30 anos.

-Resolución: 23-3-1998.

Obxecto: instalacións para a prestación do servicio de lonxa.

Porto: Foz.

Adxudicatario: Confraría de Pescadores de Foz.

Prazo: 5 anos.

-Resolución: 25-3-1998.

Obxecto: uso dun edificio para Casa do Mar.

Porto: Sada.

Adxudicatario: Instituto Social da Mariña.

Prazo: 30 anos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo perante a correspondente Sala do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo máximo de dous meses contados desde o día da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 2 de abril de 1998.

Emilio García Gallego

Presidente do ente público Portos de Galicia

3865