Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 04 de maio de 1998 Páx. 4.710

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o acordo de iniciación do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos. (Expediente 70/1998).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona o acordo de iniciación dictado en expediente sancionador por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación.

A competencia para impoñer esta clase de sancións correspóndelles ós delegados provinciais da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais segundo o Real decreto 1640/1996, do 5 de xullo, desenvolvido polo Decreto 360/1996, do 26 de setembro, de atribución ós órganos da Comunidade Autónoma de Galicia do exercicio da potestade sancionadora en materia de espectáculos públicos, en relación co artigo 29.1º d) da Lei orgánica 1/1992.

Noméase instructora do expediente a xefa da Sección de Asociacións e Espectáculos, Margarita Olmo Bosco, e secretaria a xefa de grupo, Mª Teresa Iglesias Lugrís que, poderán ser recusados en calquera momento da tramitación do expediente, nos casos e na forma prevista no artigo 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. O interesado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente notificación, para exerce-lo dereito de audiencia e formular alegacións, presentar documentos ou informacións que coide convenientes na súa defensa e, se é o caso, propoñer proba, podendo recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade cos efectos previstos no artigo 8.

No suposto de non efectuar alegacións sobre o contido da iniciación do procedemento no prazo indicado, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cos efectos previstos nos artigos 18 e 18 do Real decreto 1398/1993.

A Coruña, 23 de marzo de 1998.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

ANEXO

Número expediente: 70/1998.

Denunciado: Jesús Puente Bermúdez.

DNI/CIF: 33.267.342.

Enderezo: Sinde, Carcacía (Padrón).

Establecemento: O Refuxio.

Precepto infrinxido: 26 e) LO 1/1992.

Precepto sancionador: 28 LO 1/1992.

Multa máxima: hasta 50.000 pesetas.

3270