Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 04 de maio de 1998 Páx. 4.712

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1998 pola que se concede a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Norcontrol, S.A. con domicilio na estrada de Valadares, 571, 36315 Valadares, Vigo (Pontevedra).

De acordo co establecido nos artigos 2 e 3 do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro de 1990), polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control de calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións e con informe favorable do Servicio de Calidade na Edificación conforme establecen os artigos 12 h) e 18.3º.1 a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), esta dirección xeral, resolveu:

Cancelarlle, por cambio de domicilio, a inscrición no rexistro a acreditación de laboratorios de ensaios para o control de calidade da construcción a Norcontrol, S.A. con domicilio en Ribeira-Torneiros. 36410 O Porriño (Pontevedra) e

Concederlle a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción a Norcontrol, S.A. con domicilio na estrada de Valadares, 571, 36315 Valadares-Vigo (Pontevedra) polo prazo e condicións a que se refire o artigo 4 do anexo do Decreto 441/1990, do 6 de setembro, na área de:

HF área de control de formigón fresco co número 15033HF92.

Este laboratorio e a súa acreditación considérase dependente do laboratorio Norcontrol, S.A. inscrito co número 15050HA95.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1998.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

3492