Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 04 de maio de 1998 Páx. 4.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/67-3).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Cupire Padesa.

Enderezo social: Sobradelo de Valdeorras, 32000 Carballeda de Valdeorras.

Denominación: ampliación e modificación de L.M.T. e C.T. en nave A Medua.

Situación: Sobradelo (Carballeda de Valdeorras).

Descricións técnicas: C.T. en caseta ó lado da nave de Cupire Padesa, S.A. con trafo de 630 kVA, 15-20/380-220 V, alimentado por liña aero subterránea de 43 m de lonxitude en conductor LA-56 e derivada da liña próxima de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. instalación compartida por Cupire Padesa, S.A. e Pizarras O Cortello, S.A. para nave de elaboración de lousa e bombeo de auga respectivamente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 31 de marzo de 1998.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense

3256