Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 04 de maio de 1998 Páx. 4.705

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/76-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. campo fútbol Cerponzóns.

Situación: Pontevedra.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea, a 20 kV, de 570 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde o apoio 9 da L.M.T. ó C.T. vertedoiro ata o C.T. que se proxecta no campo fútbol Cerponzóns, concello de Pontevedra. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 381 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 30 de marzo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

3196