Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Luns, 04 de maio de 1998 Páx. 4.706

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de marzo de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/118-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Parque Eólico de Coucepenido, S.A.

Domicilio social: r/Betanzos, 1-1º Esq. A, 15000 A Coruña.

Denominación: liña 20 kV enlace subestación parque Coucepenido.

Situación: municipios de Ortigueira-Cedeira.

Descricións técnicas: liña eléctrica aéreo subterránea de media tensión, a 20 kV, en parque eólico de Coucepenido, das seguintes características: tramo subterráneo, baixo tubo, en dobre circuíto, con conductor R.H.V. 12/20 kV, de 3(1x400) mm Al, de 38 m de lonxitude, con orixe en módulo 20 kV en subestación de parque eólico e entroncando 1º apoio de liña. Tramo aéreo, sobre apoios metálicos (14), en dobre circuíto, en conductor LA-180, de 2.127 m de lonxitude, con orixe no apoio número 1 e final en apoio número 14. Tramo aéreo, en simple circuíto, sobre apoios metálicos (12) e conductor LA-180, de 1.470,5 m de lonxitude, con orixe no apoio número 14 e final no apoio número 26. Tramo aéreo, en simple circuíto, sobre apoios metálicos (4), con orixe no apoio número 14, ó que se seguen 4 apoios máis, con conductor LA-180, de 542 m de lonxitude. Dous tramos subterráneos baixo tubo, con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x400) mm Al, de 40 m de lonxitude cada un, enlazando cadanseu centro de

transformación, cos tramos aéreos anteriores.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 31 de marzo de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3257