Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación urxente, para a subministración de mobiliario con destino á Deputación Provincial da Coruña. (Expediente 98/2957 da Sección de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de mobiliario con destino á Deputación Provincial da Coruña.

Lugar de execución: deputación provincial.

Prazo de execución: un mes.

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitacion urxente.

Orzamento: 2.230.680 ptas., que se desagrega en dous lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación de cada lote.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 13 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 21 de abril de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

3770