Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a subministración de equipamento, enseres e audiovisuais con destino ó Pazo de Mariñán. (Expediente 98/2600 da Sección de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración de equipamento, utensilios e audiovisuais con destino ó Pazo de Mariñán.

Lugar de execución: Pazo de Mariñán.

Prazo de execución: un mes.

Forma de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: 9.180.000 ptas., que se desagrega en nove lotes.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do orzamento de licitación de cada lote.

Información: Sección de Patrimonio e Contratación.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 26 días naturais contados desde o seguinte ó da derradeira publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 21 de abril de 1998.

Augusto César Lendoiro

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña

3771