Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Pleno do Concello, en sesión do tres de abril do ano actual, aprobou inicialmente o estudio de detalle do cuarteirón 2-B do plan parcial do ensanche do casco actual confronte a Avenida de Galicia (antiga CN-550), promovido pola Sociedade Limitada Promociones Galpor.

O devandito estudio de detalle e o expediente sométese a información pública durante un mes mediante este anuncio que se publica no Diario Oficial de Galicia e tamén nun dos xornais de maior circulación na provincia.

No indicado prazo, que se computará a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, o expediente queda exposto na secretaría do concello tódolos días hábiles de 9 a 14 horas, podendo presentarse alegacións e reclamacións ó estudio de detalle aprobado inicialmente.

O Porriño, 15 de abril de 1998.

José Manuel Barros González

Alcalde

3769