Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da contratación por concurso aberto da subministración de vestiario para o personal do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 11050/240.

2. Obxecto do contrato. Descrición: subministración por lotes de vestiario para o persoal do Concello de Vigo.

Unidades que entregarán: véxanse as condicións técnicas.

Lotes:

Lote 1: (camisería): 4.051.708 ptas.

Lote 2: (calzado): 6. 817.227 ptas.

Lote 3: (vestiario xeral): 20.415.381 ptas.

Lote 4: (complementos e varios): 5.251.642 ptas.

Lote 5: (pezas especiais): 15.225.177 ptas.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: o que figura no punto 2 deste anuncio.

5. Garantías:

Provisional: 2% do lote polo que licite.

Definitiva: 4% do lote que resulte adxudicatario.

6. Obtención de documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Pza. do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono (986) 81 01 48, fax: (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día 29-5-1998.

7. Requisitos específicos do contratista:

Acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 18 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas. Prazo ata as 13 horas do día 29-5-1998.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día de apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas. Entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data: 2-6-1998.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 11.3º do prego de condicións.

11. Gastos anuncios: serán por conta dos adxudicatarios.

Vigo, 17 de abril de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

3757