Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.522

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MEIS

EDICTO do 2 de abril de 1998 polo que se anuncia a convocatoria de concurso-oposición por promoción interna para a provisión en propiedade dunha praza de administrativo de Administración xeral, incluída na oferta de emprego público para 1997.

Requisitos:

-Pertencer á escala de Administración xeral, subescala de auxiliares do Concello de Meis.

-Posuí-lo título de bacharelato superior ou ter unha antigüidade, polo menos, de dez anos no corpo do grupo D ou unha antigüidade de cinco anos e a superación dun curso.

-Levar polo menos dous anos como funcionario de carreira no grupo inmediato inferior ó da praza á que aspira.

Solicitudes:

Para tomar parte no concurso oposición, pódense presentar dentro do prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no BOE.

O texto íntegro das bases está á disposición das persoas interesadas na secretaría do concello e está publicado no BOP de Pontevedra.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos do concello.

Meis, 2 de abril de 1998.

Jorge Casal Pintos

Alcalde

3833