Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión celebrada o día 1 de abril de 1998, aprobou a contratación mediante concurso para a subministración de equipamento técnico informático das aulas de formación deste concello.

Anúnciase a licitación conforme as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o equipamento técnico informático das aulas de formación deste concello para a impartición dos cursos concedidos por resolución da Consellería de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, co seguinte detalle:

Parte primeira: 15 ordenadores persoais, 1 impresora de inxección a cor A4, 1 impresora inxección a cor A3, 1 plotter A0 cor, 1 impresora inxección a cor A3/A2, conexión, elementos de rede e instalación dos 15 equipos.

Parte segunda: 1 licencia Autocad v14 PC e 1 pack de 5 licencias Autocad v14 educación.

b) Prazo de entrega (meses): o material deberá estar en funcionamento antes do día 24 de xuño do presente ano.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Parte primeira: 3.269.000 ptas.

Parte segunda: 735.000 ptas.

Importe total: 4.004.000 ptas.

5. Garantías.

Provisional: 80.080 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación.

b) Domicilio: Quiroga Ballesteros, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Teléfonos: (982) 29 71 43, 29 71 86.

e) Telefax: (982) 29 71 03.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula terceira do prego de condicións económico-administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2. Domicilio: Praza Maior, 1.

3. Localidade e código postal: Lugo, 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

e) Admisión de variantes (concurso): as que os licitadores coiden convenientes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Praza maior, 1.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: ó seguinte día hábil, excepto sábado, posterior ó prazo de remate das proposicións. O dito prazo ampliarase ata o undécimo día no suposto de recibirse regulamentariamente aviso de presentación de proposicións por correo.

10. Outras informacións: as que se recollen nos pregos de condicións.

11. Gastos dos anuncios: correrán por conta do contratista adxudicatario.

Lugo, 14 de abril de 1998.

Joaquín Mª García Díez

Alcalde

José A. Mourelle Cillero

Vicesecretario habilitado

3338