Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión celebrada o día vinteseis de marzo de mil novecentos noventa e oito, aprobou con carácter inicial un documento de modificación puntual do plan xeral de ordenación urbana deste municipio que ten por obxecto a incorporación á rede viaria dunha vía existente no lugar de Vigovidín, parroquia de Almeiras.

Durante o prazo dun mes contado desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal) poderá examinarse o expediente no Servicio de Urbanismo das oficinas municipais e formula-las alegacións que consideren oportunas.

Culleredo, 1 de abril de 1998.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

3832