De conformidade co disposto nos artigos 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, 8.d) da Lei 7/1995, do 29 de xuño, sobre delegación e distribución de competencias en materia de urbanismo, e 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases de réxime local, faise público que o Concello Pleno, en sesión do 20 de abril de 1998, prestou aprobación definitiva ó plan parcial de ordenación do parque empresarial de Espiñeira.
Contra este acordo, que é definitivo na vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contados desde o día seguinte a aquel no que apareza publicado este anuncio por última vez no BOP ou no DOG.
A interposición deste recurso deberá cominicárselle previamente ó Concello de Boiro, de conformidade co disposto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Boiro, 21 de abril de 1998.
Jesús Alonso Fernández
Alcalde
3395