Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia a modificación dos estatutos da Confederacción Intersindical Galega do Ensino (CIG-Ensino).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical, e para os efectos previstos nel, faise público que, no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 26 de marzo a acta do II congreso da Confederación Intersindical Galega do Ensino (CIG-Ensino), celebrado en Ourense o 21 de xuño de 1997, na que se recollen as modificacións estatuarias aprobadas no devandito congreso, e que consisten nunha nova redacción dos estatutos.

Asinan a acta do II congreso da CIG-Ensino, Xoán Costa Casas e outros membros da mesa do congreso.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

3539