Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se anuncia o depósito da acta de modificación e os novos estatutos da Asociación Profesional de jefes de Cuerpo de Policía Local de Galicia (Axepol), que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denomina Asociación Profesional de jefes de Cuerpo y Mandos de Policía Local de Galicia (Axepol).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1997, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 3 de abril de 1998 a acta de modificación e os novos estatutos da Asociación Profesional de Jefes de Cuerpo de Policía Local de Galicia (Axepol), que no sucesivo, e en virtude da dita modificación, se denomina Asociación Profesional de Jefes de Cuerpo y Mandos de Policía Local de Galicia (Axepol).

Asinan a acta da asemblea xeral, na que se recolle o acordo acadado por unanimidade da modificación xeral dos estatutos, o secretario, co visto e prace da súa presidenta María del Carmen Roca López.

Santiago de Compostela, 13 de abril de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

3471