Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.514

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución dos estatutos da Asociación de Gandeirías da Ribeira Sacra.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Gandeirías da Ribeira Sacra que ten os seguintes ámbitos.

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación tódolos gandeiros que sexan titulares dunha explotación de gando e leite e carne e que desexen mellora-la calidade e productividade da súa explotación.

Asinan a acta de constitución: Gonzalo Calvo Díaz e dúas persoas máis.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

3540