Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Mércores, 29 de abril de 1998 Páx. 4.513

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación de Mejilloneros A Ría.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1997, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC) desta delegación provincial, foron depositados ás 11 horas do día 3 de abril de 1998, a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Mejilloneros A Ría, que teñen os seguintes ámbitos:

Territorial: comarca de Rianxo.

Profesional: todos aqueles empresarios que desenvolvan a súa actividade productora de mexillón, que voluntariamente soliciten a súa afiliación.

Asinan a acta de constitución: José Álvaro Sobradelo Iglesias e dúas persoas máis.

Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.

A Coruña, 3 de abril de 1998.

María Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

3407