Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva da modificación puntual número 14 do PXOU de Vigo para unha parcela sita en Teis. (Expediente 4379/411).

O Pleno deste Concello de Vigo, en sesión celebrada o día 2 de marzo de 1998, acordou aprobar definitivamente a modificación puntual nº 14 do PXOU de Vigo para unha parcela sita en Teis, conforme a documentación elaborada polos servicios técnicos da Xerencia Municipal de Urbanismo en abril de 1997, nos memos termos da súa aprobación inicial.

O presente anuncio servirá de notificación nos termons do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 13 de marzo de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

3276