Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.459

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación inicial da adaptación do proxecto de urbanización PERI I-05 praza Elíptica. (Expediente 4070/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión celebrada o día 13 de marzo de 1998, acordou aprobar inicialmente a adaptación do proxecto de urbanización do PERI I-05 praza Elíptica, conforme a documentación elaborada polo director dos servicios técnicos da Xerencia Municipal de Ourense.

Sométese á información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da casa do concello.

Indícase que o prazo de exposición ó público se entenderá aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes, contando desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na oficina de información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público, planta baixa a Casa do Concello.

Vigo, 3 de abril de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

3868