Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da aprobación definitiva estudio de detalle na avenida de Balaídos, número 5-7. (Expediente 4391/411).

O Pleno da Corporación Municipal de Vigo, en sesión celebrada o día 30 de decembro de 1997, acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle na avenida Balaídos, 5-7, presentado pola sociedade Castrelos de Inversiones, S.L., redactado polo arquitecto Ricardo Salgado Salgado e visado polo COAG con datas do 30 de abril e 26 de maio de 1997, estimando a alegación presentada por Antonio Jaime Prieto Estévez e Silvino Tenorio Rey en representación de Castrelos de Inversiones, S.L., no referente a admitir que a edificabilidade correspondente ó m da zona verde de cesión obrigatoria pra protección de ríos e leitos é de 0,25 m/m.

O que se fai público para xeral coñecemento, de conformidade co establecido na lexislación vixente.

Vigo, 5 de febreiro de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo

3275