Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VERÍN

RESOLUCIÓN do 14 de abril de 1998 pola que se anuncia a convocatoria de oposición libre para prover dous postos de gardas da policía local.

O Pleno deste Concello, en sesión ordinaria do 27-3-1998, aprobou o sistema de selección, bases e convocatoria para a provisión con carácter definitivo dos seguintes postos de traballo vacantes (oferta de emprego para 1998).

Persoal funcionario.

Posto: dous da escala de Administración especial, subescala de servicios especiales. Clase: garda da policía local.

Publicación íntegra, bases e convocatoria: BOP de Ourense nº 76 do día 3 de abril de 1998 (inclúese temario e modelo de instancia).

Prazo de presentación de instancias: os vinte días naturais, seguintes ó de publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Sistema de selección: oposición libre.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de edictos deste concello.

Verín, 14 de abril de 1998.

Juan Manuel Jiménez Morán

Alcalde

3298