Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.458

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE TEO

ANUNCIO de contratación.

Obxecto: a contratación mediante concurso da obra de aforro enerxético en diversos lugares.

Duración do contrato: dous meses.

Tipo de licitación: 18.649.094 ptas.

Pagamento: o 50% da certificación unha vez aprobada pola Comisión de Goberno. A cantidade restante cando sexa recibida a subvención da Consellería de Industria e Comercio.

Prego de condicións: poderá ser examinado na secretaría do concello.

Garantías. Provisional: 372.982 ptas. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Presentación de plicas: durante os trece días seguintes ó da publicación deste anuncio.

Proposicións: sobre A denominado «Proposición económica para optar ó concurso da obra de aforro enerxético en diversos lugares», xuntando a oferta económica. Sobre B denominado «Documentos», que conterá:

- Empresario individual: copia do DNI; se se actúa por representación, copia do poder.

- Resgardo da fianza provisional.

- Declaración de non estar incurso en causa de incapacidade.

- Melloras ofrecidas e maior número das obras ofertadas sobre as establecidas no proxecto.

- Relación das obras realizadas para este concello nos 5 últimos anos.

- Informes ou referencias sobre a solvencia económica do licitador.

- Modelo e prezo dos materiais ofertados.

Teo, 20 de abril de 1998.

Armando Blanco Martínez

Alcalde

3720