Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Martes, 28 de abril de 1998 Páx. 4.457

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (61/1998).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria celebrada o día 2 de abril de 1998, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Aprobar inicialmente o estudio de detalle das zonas 1 e 2 do sector urbano 48. E

2. Somete-lo expediente a información pública polo prazo dun mes mediante anuncios no DOG, e nun dos xornais de maior circulación da provincia, con citación persoal dos donos afectados.

De conformidade co disposto no artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo de 1997, do solo de Galicia, sométese o citado expediente, a exposición pública polo prazo dun mes, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer ó dispoto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 17 de abril de 1998.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

3732